[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51

Biblioteca

23 DE ABRIL. EXPURGO DE LIBROS

Celebramos o Día do Libro regalando libros!

Hoxe durante o recreo todos os rapaces e rapazas que quixeron levaron cadanseu libro. Se te esquenciches, aínda chegas a tempo: mañá repetimos!!!

           

María Victoria Moreno.

O Día das Letras Galegas deste ano dedícase a María Victoria Moreno. No tablón da Bibiloteca hai unha pequena selección das súas obras e a bibiografía da autora.

Mortadelo e Filemón.

Este ano os espías da T.I.A, Mortadelo e Filemón están de aniversario, cumpren 60 anos. En segundo de primaria queremos achegar estes divertidos persoaxes de Francisco Ibáñez o noso alumnado na realización dunha secuencia didáctica. O primeiro paso foi ir a nosa Biblioteca para saber, buscar onde están os cómics.

ESCRITORAS DE MARZO

Esta é unha pequenísima selección de escritoras que uns cantos alumnos de 3ºESO e o Equipo de biblioteca seleccionamos para vós no mes da muller

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DO PERGAMIÑO VINDEL

O mércores 27 de febreiro os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO visitaron a exposición sobre o pergamiño Vindel no Museo do Mar, en Vigo.A actividade, organizada polo departamento de Lingua Galega e pola Biblioteca, foi moi completa porque tamén visitamos as interesantes salas do museo de Alcabre.

 

 

 

 
                   

Fina Casalderrey

Este trimestre no corredor de Educación Primaria, a autora destacada é Fina Casalderrey. Tedes a vosa disposión información e algúns libros. Ánimamos a todos e todas a coñecela un pouquiño máis.

MES DE ROSALÍA

 Este mes a escritora homenaxeada, tendo en conta que seguimos celebrando o Mes da Muller só podía ser a nosa benquerida Rosalía de Castro. Ademais o 24 de febreiro é o Día de Rosalía

MES DA MULLER NA BIBLIOTECA

O vindeiro 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Dende o departamento de Bioloxía e Xeoloxía e o Equipo da Biblioteca queremos adicar un mes ás mulleres que fixeron grandes logros ou foron pioneiras nas Ciencias.

   Ademais témosvos preparado un interesante xogo. Seguide en liña!!!

 

 

Distribuir contido