[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Educación Primaria

DÍA DA NAI

Como mostra de cariño para as nais, na clase de Plástica fixemos uns regaliños para desexarlles felicidades a todas.

EXCURSIÓN

O día 30 de Abril os alumnos do 1º ciclo fixemos a nosa excursión. O lugar elexido foi a GRANXA ESCOLA FERVENZA DO TOXA (está ao lado de Bandeira, Pontevedra).

 Foi interesante porque alí se observaron e se puxeron en práctica moitas das actividades traballadas no segundo trimestre. A paisaxe tan natural e montañosa do lugar, as construccións impresionantes de viaductos e túneles para o tren de alta velocidade chamaban a atención.

TARXETA DÍA DA NAI!!

Aqui amosamosvos as tarxetiñas que fixemos para o día da nai!

Son unhas flores decoradas con plastilina e dentro fixemos cada un unha pequena poesía.

FELICIDADES A TÓDALAS MAMÁS!!!!

Aquí vai unha mostra do noso traballo.

tarxetas día da nai

CREAMOS POESÍA E NARRATIVA.

Comezamos na clase de 1ºA a escribir contos e poesías.

Aprendemos que un conto ten varias partes: 1º, presentación dos personaxes e lugar onde ocorre a historia. 2º, desenvolvemento da historia. 3º, final da historia. Tamén aprendemos o que son as poesías, que teñen frases máis curtas que se chaman versos, que hai que entonar ao lelas e que terminan en palabras similares para formar rimas. 

Limos na clase algúns versos da "Sonatina" de Rubén Darío:

COÑECENDO A.... VAN GOGH!

Ola a todos e todas de novo!

Na clase de plástica fixemos unha actividade moi divertida! Chámase .................. Coñecendo a Van Gogh!

A nosa mestra trouxonos libros e fotografias deste pintor. Coñecimos un pouco sobre a súa vida e a súas obras máis relevantes.

Despois tivemos que imaxinar que todos éramos Van Gogh, meternos na súa pel e........crear!

E este foi o resultado! aquí tendes algúns dos traballos que fixemos sobre dous dos séus cuadros: "Los girasoles" e "La noche estrellada".

BIBLIOTECA DE AULA

a nosa biblioteca

No 2º trimestre comezamos co servizo de préstamo da biblioteca de aula. Cada venres o neno/a que quera pode levarse un conto ou tebeo dos que temos na aula, o préstamo é por un tempo de 7 días.

Co libro levan tamén unha ficha que deben entregar cuberta xunto co mesmo aos sete días.

Os tres Reis Magos por Lousame

    No Nadal tres alumnos de Educación Primaria representaron para o alumnado de Educación Infantil unha pequena obra de teatro lida. Deixámosvola no arquivo adxunto; esperamos que vos guste!

 

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

EXCURSIÓN 2º CICLO PRIMARIA

Os alumnos do 2º Ciclo de Primaria,  o día 27 de marzo tivemos a nosa excursión. Na Granxa Escola Fervenza do Toxa.

A Granxa Escola Fervenza do Toxa, é un centro ocioeducativo, onde desenvólvense programas de Educación Ambiental, agroturismo, ocio e tempo libre. Mediante actividades didácticas baseadas no coñecemento do medio natural, nas técnicas agrarias e gandeiras, e nos usos e costumes do rural de Galicia.

Distribuir contido