[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

As cousas de Casimiro

AS NOVAS TECNOLOXÍAS

AS NOVAS TECNOLOXÍAS

EN CONFORME

Ramón non se portou moi ben o día que nos visitou o avó de Noa, e contestoulle mal a Sila. Ese día levou unha nota para que na súa casa souberan o que fixera.

Ao día seguinte portouse estupendamente e Ana mandoulle outra nota no caderno viaxeiro, esta vez positiva. Cando regresou o caderno á aula Ramón dixo: "Tengo que pedirle perdón a Sila por lo de el otro día", e foi á infantil A a facelo.

Cando regresou díxolle a Ana:

Ahora tengo que llevar una nota en conforme.

OS TRABALLOS

Este curso estamos recibindo as visitas das avoas e avós dos nenos e nenas. Veñen á aula e cóntannos cousas. Os dous primeiros falaron do seu traballo no mar, e o próximo en vir tamén é mariñeiro.

Ana preguntoulles aos pequenos: Todos os avós van ao mar?.

Roi: Non, o meu vai a un taller a Noia

Sheila: E o meu vai á taberna.

Roi: Sheila, a taberna no che é un traballo.

SENTENCIAS

Están falando da morte e dos avós cando Candela afirma: Uno de mis abuelos está en el Cielo como el de Iván.

Roi, moi serio e acompañando a expresión coa man, responde: Candela, dise morreu.

 

AVISO

Paula ten tres anos e o primeiro día de curso preguntoulle a Ana se podía pintar un debuxo. Ana deixoulle e ela afirmou:

"Yo no me salgo.. eh!"

A ENQUISA.O RATO TAMÉN OPINA

Cando se repartiron as enquisas sobre a lingua, as nenas e nenos de infantil B quixeron saber se ese papel era outra vez a autorización para a excursión a Cerceda que a ANPA vai levar a cabo nos vindeiros días. Cando Ana  dixo que non que era unha folla onde se lles facían preguntas as familias.<>Preguntas de que?

QUEN É DO BARÇA

Ao día seguinte de que o Barcelona gañase a Copa de Europa, Ana chegou a clase e preguntou:

Quen é do Barça?

Pablo moi contento respondeu: eu son do Barça.

Nese momento desatouse unha euforia colectiva onde todo o mundo aseguraba ser do Barça e incluso había quen dicía que era do Madrid e máis do Barça.

O PEN DRIVE

Neste terceiro trimestre, as nenas e nenos de Infantil B estamos a desenvolver un proxceto  sobre os volcáns. Na primeira fase dese traballo as familias recibiron unha carta que as invitaba a investigar cos seus fillos e fillas onde atopar información sobre o tema. O resultado foi extraordinario porque case que todos os nenos e nenas aportaron cousas: revistas, fotocopias, libros, dvds, información baixada da internet, etc.

Hai que destacar dúas achegas que mereceron a miña atención:

Distribuir contido