[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51

As cousas de Casimiro

É A SÚA "PUÑADA"

As nenas e nenos estaba falando de distintas cousas, cando un neno contou que estivera cos seus primos e coas súas tías. Ana preguntoulle se as tías eran irmás da súa mamá ou do seu papá. O neno respondeu:

Duas son irmás de mamá e a outra e a súa "puñada"

UNHA LANGOSTA?

Manuel ten tres anos e o colexio é para el un mundo de novas experiencias. O outro día volveu do recreo explicándolle á profe Ana que: - Había unha langosta. E eu tiña medo e fixen aaaaaa!que medo! e subin a un banco. E os nenos botáronlle area á langosta. Era negra e grande. Lucas, de cinco anos, apareceu nese momento e aclarou: No era una langosta, era una babosa. Ao que Martín, de tres anos, replicou con carraxe: Non tal, era unha lesma!

NA ESCOLA

NA ESCOLA

MUNDO VIRTUAL

XEMELGAS, ÁS VECES?

Ana e Alia son xemelgas e veñen vestidas e peiteadas igualiñas. O outro día eu estaba na miña casiña vendo como xogaban no tocador da clase a peitearse e a mirarse no espello. Ana, sen querer, sacoulle a coleta a Alia. Entonces a profe, que como xa sabedes tamén se chama Ana peiteou a Alia e púxolle unha coleta detrás. Ademais de estar moi guapa estaba distinta á súa irmá. Foi entón cando Eva exclamou: "BUA! YA NO SON GEMELAS"

RATAS PELUDAS

Por se alguén non o sabe, todas as nenas e nenos que foron alumnas e alumnos de Infantil B son RATAS PELUDAS. Ana sempre lles chama así e a min gústame moito. En realidade é idea miña, non pensedes que todo se lle vai ocorrer a ela.
Como todo o mundo mundial sabe, a min encántanme os contos e cando alguén le eu quédome agochadiño na miña casa e escoito moi atento. Tamén me gustan os poemas. Os meus favoritos son os de Antonio García Teijeiro por iso na biblioteca da clase hai moitos libros que el escribeu.

MIÑA CASIÑA MEU LAR

Xa estou na miña casa de novo despois de pasar as miñas vacacións en Noruega. Estou moi contento porque seguro que as nenas e nenos de Infantil B, este curso,  van estudar moito e facer cousas moi chulas. Eu estarei atento para non perderme nada nadiña.

CORREO ELECTRÓNICO

Este curso Casimiro está de viaxe polo mundo e se comunica cos nenos e nenas de infantil B a través do correo electrónico. Eles/as aprenden como é o noso enderezo da nosa conta e ven proxectado na pantalla da clase como Ana teclea ese enderezo. O outro día preguntou que tiña que poñer no sito do contrasinal porque quería insistir en que se fixaran que era algo persoal e privado.

Ana dixo: Aquí que poño?

A resposta de Sara non deixou marxe ao posible erro:

Sara: "As bolitas"

 

Distribuir contido