[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

1ºA

Papeleiras divertidas

Os alumnos de 1ºA e 1ºB participamos no Plan de Convivencia do centro facendo tamén as nosas papeleiras, que nos quedaron moi chulas!!

En  1ºA sen pensar foi aparecendo Elmer. Comezamos pintando a caixa con cadriños de cores e pouco a pouco nos demos conta de que nos lembraba a alguén. Logo colocámoslle as patas con tubos de cartón, e fixémoslle a cara, a trompa e as orellas e... ahí o tedes!!!

Canción do entroido

No entroido este ano, os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB disfrazámonos de cabaliños de mar e escollemos para o desfile do festival unha canción moi simpática sobre os cabaliños de mar. Aqui vos deixamos o video para que a escoitedes.

 

 

Os cabaliños de mar

Os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB, estamos aprendendo un montón de cousas sobre os cabaliños de mar: onde viven, que comen, como se reproducen, quenes son os seus veciños, de quen teñen que escapar.....

Aquí vos deixamos un video para que vexades como nacen. Sabiades que son os machos os que levan as crias na súa bolsa ata o seu nacemento?

 

Conta Contos na casa da cultura de Lousame

1A1B

Día do libro

Con motivo da celebración do día do libro, os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB fomos á biblioteca onde o alumnado de 4ºA nos leu e dramatizou o conto "Xogando ao escondite", onde Cabaliño de mar e os seus amigos Pascual, Lara, Cocoroca e Malena o pasan xenial. Queres coñecelos? Nós pasámolo xenial!!!!

DiaDoLibro

Día da nai

Chegou a primavera e para celebralo nada mellor que cun agasallo para a nosa naiciña querida.

Este curso, os alumnos e alumnas de 1º A e 1ºB preparamos uns bolsiños portatodo, para que non teñan que andar buscando as cousas polo bolso!!!

Feliz dia mamás!!!!

 

DiaDaNai

Coñecemos ao Cabaliño de Mar

Os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB, estamos aprendendo un montón de cousas sobre os Cabaliños de Mar. Para isto, buscamos información e videos en Internet, lemos libros e consultamos un libriño da editorial Edelvives que resultou moi instructivo.

Estámolo pasando realmente ben coñecendo que comen, onde viven, quen son os seus veciños, quen son os seus depredadores....

O Cabaliño de Mar

 

Xogando ao escondite

O alumnado de 4ºA de Ed. Primaria, con motivo da celebración do Día do Libro,  dentro do proxecto do Cabaliño de Mar que temos en 1ºA e 1ºB, dramatizounos o conto "Xogando ao escondite".

Gustounos moitísimo e esperamos poder repetir a experiencia!!!

Xogando ao escondite

 

      

Distribuir contido