|
|||
|
|||
|
|||
O alumnado de 1º e 2º de ESO rematou a nosa participación por este curso escolar nas probas de campo a través, estivemos presentes nas probas de Noia e do Porto do Son da fase zonal, ningún dos nosos acadou a clasificación para a seguinte fase comarcal, para o ano esperamos voltar e desfrutar de novo desta gran experiencia. |
|||
|
|||
|
|||
Publicada no DOGA do 14 de outubro de 2022 a Resolución de concesión directa da ampliación das axudas para a adquisición de material escolar. Nesta resolución establécese coma beneficiarias aquelas familias que recibiron o vale para a adquisición de material por importe de 50€. Ditas familias recibirán un vale adicional de 25€ que poden recoller no centro a partir do luns 17 de outubro. Horario de recollida 9:00-15:30h.
|
|||
O xoves, 8 de setembro, inicíase o curso académico 2022_23 para todas as etapas educativas: Infantil, Primaria e Secundaria. Os servizos complementarios de comedor e transporte escolar funcionarán desde ese mesmo día. O horario é de 9:10 a 15:40 horas, momento no que sairá o transporte para os domicilios. O alumnado que non faga uso do comedor escolar poderá ser recollido polas súas familias ao remate das clases, ás 14:10 horas para o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria, e ás 15:00 horas para o alumnado de ESO. O alumnado de 4º de Ed. Infantil, durante o período de adaptación, atenderá ao horario establecido pola titora. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »