[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20

Quen pode acceder a un programa de diversificación curricular?

    Con carácter xeral, pode acceder a un Programa de Diversificación Curricular aquel alumnado que teña dificultades xeneralizadas de aprendizaxe e que xa fose obxecto de outras medidas de atención á diversidade sen que estas resultasen suficientes para a recuperación das súas dificultades. A isto hai que engadir unhas condicións específicas segundo se pretenda acceder a un Programa de Diversificación Curricular dun só ano ou de dous.

    Condicións específicas para o acceso a un PDC de dous anos: o alumno ou alumna deberá ter cursado 3º da ESO e non estar en condicións de promocionar a 4º ou ben estar en 2º da ESO, ter repetido xa unha vez na etapa e non estar en condicións de promocionar a 3º.

    Condicións específicas para o acceso a un PDC de un ano: tras repetir 3º da ESO non superalo, ou ben ter cursado 4º da ESO sen superalo e ter repetido xa unha vez na etapa.

    Estas son as condicións iniciais, pero a decisión definitiva de acceso a un Programa de Diversificación Curricular será sempre tomada coa proposta razoada do equipo de profesores do grupo ao que pertence o alumno ou alumna.