[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
A Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43

Ordenación dos programas de diversificación curricular

    Con carácter xeral, a duración dos programas de diversificación curricular será de dous anos. Non obstante, poderán establecerse programas dun ano de duración para aquelas alumnas e alumnos que cursasen o cuarto curso de educación secundaria obrigatoria sen acadar o título, ou que, tras repetir terceiro, non acadasen os obxectivos e, en ambos os casos, para os que se considere adecuada a súa incorporación ao programa.

    Agrupamentos: para a impartición dos ámbitos e materias específicas destes programas conformaranse grupos que non superarán o número de dez alumnas e alumnos e non serán, con carácter xeral, menos de cinco.

    Porén estes alumnos e alumnas terán un grupo ordinario de referencia co que cursarán determinadas materias do currículo común.

    Na estrutura dos Programas de Diversificación Curricular deben resaltarse a organización de determinadas áreas do currículo ordinario en ámbitos. Estes ámbitos son:

  • O ámbito específico de carácter lingüísticosocial, que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, lingua galega e literatura e lingua castelá e literatura. A selección destes elementos formativos realizarase tendo en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa.

  • O ámbito científico-técnico, que incluirá elementos formativos seleccionados entre os obxectivos e contidos curriculares correspondentes ao terceiro e ao cuarto curso da etapa das materias de matemáticas, bioloxía e xeoloxía e física e química. A selección destes elementos formativos realizarase tendo igualmente en conta o seu carácter nuclear, a súa relevancia social e cultural, a súa funcionalidade e a súa capacidade para facilitar o desenvolvemento das competencias básicas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa.