[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 14:10
CADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:58
SOLICITUDE PARA SER SOCIO DA ANPA ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:51
MENÚ SETEMBRO 2024 Páxina gedepevi 06/09/2024 - 19:47
FALTA DE PROFESORADO ANPA pipaca 04/09/2024 - 13:20
Contacto co centro CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Páxina bggon 31/07/2024 - 10:39
Convocatoria de prazas no Servizo Lousame Concilia para o período lectivo do curso 2024/25. Páxina bggon 23/07/2024 - 08:46
Listaxe definitia do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25. Páxina bggon 17/07/2024 - 10:25

Oferta

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén impulsando a formación do noso alumnado nas linguas estranxeiras europeas dado que a comunicación nunha lingua estranxeira é moi importante na nosa sociedade.

As chamadas seccións bilingües traballan neste sentido para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado galego. Teñen como obxectivo o estudo de materias non lingüísticas en galego/castelán e unha lingua estranxeira.

A organización das mesmas está regulada pola Orde do 10 de xuño de 2005, DOG do 24 de xuño.

O CPI Cernadas de Castro, como vén facendo dende o ano 2005, está a ofertar seccións bilingües. O centro ofrécelle a posibilidade ó alumnado de 2º, 3º, e 4º da ESO de cursar diversas áreas dun xeito bilingüe, é dicir na lingua materna (galego/castelán) combinándoa coa introducción progresiva dunha lingua estranxeira, neste caso o inglés.

As áreas ofertadas son:

  • 2 º da ESO: sección bilingüe na área de música, impartida en inglés.

  • 3º e 4º da ESO: seccións bilingües nas áreas de matemáticas e ciencias sociais xeografía e historia, impartidas en inglés.