Este ano para conmemorar o día da Paz decidimos facer unha receita. Tivemos que pensar moito porque ao principio non tiñamos claro que era eso da Paz. Primeiro pensabamos que a Paz era o mesmo que a tranquilidade e non é ningún erro, porque ás veces utilizamos esa expresión de, "déixame en paz", cando queremos que non nos molesten. Tivemos que ver libros editados por Unicef que falan de como é a vida dos nenos e nenas noutros países do mundo. Comprobamos as semellanzas e as diferencias e poidemos ver que algúns nenos viven en situacións de guerra e perden todo canto teñen, incluída a súa familia. Preocupounos moito saber que cousas tan habituais para nós como a auga, a comida, a escola ou o médico, eran impensables en moitos lugares do mundo. Métémonos en internet para ver o que eran as armas e vimos tanques, avións, minas, escopetas e pistolas.... e todo tipo de instrumentos feitos para destruír. Foi sinxelo chegar á idea de destrozar as armas para convertelas en cousas necesarias. Xa tiñamos o primeiro paso da receita. As desigualdades no mundo conducíronnos ao segundo. Por último engadir amor, risas, aloumiños e apertas nunca ven mal para convivir en paz. Os ingredientes análizámolos despois de saber o que queriamos construír Recompoñer o texto entre todos, colocar as fotos e facer o pastel adornado con corazóns foi o máis sinxelo. PASTEL DE PAZ INGREDIENTES: armas, escolas, hospitais, auga, comida, casas, amor, bicos, apertas e aloumiños ELABORACIÓN: 1º Destruír as armas para facer con elas tractores, teles, ordenadores. 2º Repartir por todo o mundo casas, escolas hospitais, auga e comida. 3º. Engadir unha pizca de amor e un puñado de bicos. 4º Decorar con corazóns de colores. Para que se conserve para sempre rociar de cando en vez con apertas e aloumiños. |
|||