[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20

Que é a educación infantil?

    A educación infantil constitúe unha etapa educativa con identidade propia que atende nenas e nenos dende o nacemento ata os seis anos de idade. Porén, o noso centro só ofrece o segundo ciclo da Educación Infantil, que vai dos 3 aos 6 anos.


    A educación infantil ten carácter voluntario e a súa finalidade é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos. A pesar dese carácter voluntario, estase a facer un esforzo por escolarizar aos nenos e nenas destas idades, posto que se comprobou que os nenos e nenas que acceden esta etapa teñen unha mellor adaptación escolar en primaria.


    Co obxecto de respectar a responsabilidade fundamental das nais e pais ou titores nesta etapa, os centros de educación infantil cooperarán estreitamente con eles.


    A Educación Infantil hálle de propiciar aos nenos experiencias que estimulen o seu desenvolvemento persoal completo. Como punto de partida dun proceso que continuará noutros tramos educativos, a etapa de Educación Infantil pode e debe contribuír de xeito eficaz a compensar todo tipo de desigualdades, entre outras, algunhas carencias que teñen a súa orixe nas diferenzas do ámbito social, cultural e económico, sen que iso signifique deixar de recoñecer as diferenzas psicolóxicas dos nenos, que han de ser educativamente atendidas. Pode tamén, por iso, favorecer a integración de nenos e nenas no proceso educativo.