[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
A Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43

Avaliación, promoción e titulación

 

    A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado da educación secundaria obrigatoria será continua, terá carácter formativo e orientador e será diferenciada segundo as distintas materias do currículo.

    Ao finalizar cada un dos cursos, e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente tomará as decisión sobre a promoción ou titulación (en 4º curso) do alumando.

    O alumnado promocionará ao curso seguinte cando teña avaliación negativa en dúas materias como máximo e repetirá cando sexa avaliado negativamente en tres ou máis materias.

    O alumnado que promocione sen ter superadas todas as materias seguirá un programa de reforzo educativo destinado a recuperar as aprendizaxes non adquiridas e deberá superar a avaliación correspondente ao devandito programa.

    O alumnado que non promocione permanecerá un ano máis no mesmo curso. Porén, o alumnado só poderá repetir o mesmo curso unha vez con carácter xeral, e dúas veces como máximo dentro da etapa.

    O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria superase todas as materias e alcanzase as competencias básicas e os obxectivos da etapa, obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Así mesmo, poderá obter dito título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nunha ou en dúas materias.