[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Lexislación do Plan de Seccións Bilingües

Que obxectivos perseguen as seccións bilingües?
Ordenación das Seccións Bilingües
Principios pedagóxicos
Avaliación
Orde reguladora

Que obxectivos perseguen as seccións bilingües?

A súa finalidade é reforzar as aprendizaxes da lingua estranxeira a través da incorporación parcial do seu uso como vehículo de comunicación na área en que se desenvolve, así como a adquisición da terminoloxía específica.

Ordenación das Seccións Bilingües

O currículo das áreas, materias ou módulos das seccións bilingües será e terá a mesma carga horaria que o establecido na normativa vixente con carácter xeral. Porén, no caso da educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional específica, o alumnado poderá recibir un máximo de dous períodos semanais de clase de reforzo do idioma, como ampliación do seu horario lectivo, que serán impartidos polo seu profesorado especialista de lingua estranxeira, se as necesidades formativas sí o requiren e os recursos do centro o permiten.

Principios pedagóxicos

  • A metodoloxía basearase na comunicación, na interacción e en priorizar os aspectos orais da lingua.
  • Sempre que sexa posible, utilizarase a lingua estranxeira. Cando sexa necesario, recurrirase á lingua materna do alumnado.
  • Fomentaranse proxectos/unidades que desenvolvan centros de interese do contorno próximo, das necesidades do alumnado e da expresión dos seus desexos, dando importancia á motivación, á implicación afectiva e ao contexto, así como á conexión cos campos de traballo doutras áreas dun xeito global.
  • Os procedementos han de ser comunicativos e interactivos.
  • Potenciarase o traballo cooperativo que favoreza a interacción. O papel do/a profesor/a será o de organizador/a e facilitador/a de tarefas.
  • Elaboraranse actividades de reforzo e de ampliación para atender á diversidade do alumnado.
  • Será indispensable a organización de traballos multidisciplinares.
  • Non hai unha metodoloxía nova, senón unha combinación de prácticas didácticas empregadas tanto na aprendizaxe de linguas como na das áreas non lingüísticas.

Avaliación

A avaliación e promoción do alumnado axustarase en todos os casos aos procedementos establecidos na normativa vixente con carácter xeral. Para este fin, o profesorado que imparte as seccións bilingües recibirá o apoio do profesorado especialista do idioma para avaliar a adquisición de competencias lingüísticas do alumnado en relación á súa materia. En todo caso, seguiranse as seguintes pautas á hora de facer a avaliación:

  • A interiorización de contidos non lingüísticos primará sobre os resultados lingüísticos.
  • A competencia lingüística no idioma é un valor engadido que debe ser recompensado.
  • A falta de fluidez na lingua estranxeira non debe penalizarse.

Ao remate de cada curso, o alumnado que sexa cualificado positivamente na área, materia ou módulo obxecto da sección bilingüe recibirá unha credencial oficial expedida polo centro, conforme participou nunha sección bilingüe, que se fará constar mediante dilixencia no seu libro de escolaridade e no seu expediente académico segundo.

Para consultar a Orde que regula estas ensinanzas prema neste enlace: Orde do 18 de abril de 2007

AdxuntoTamaño
ORDE_BILINGUES.pdf85.88 KB