[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 14:10
CADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:58
SOLICITUDE PARA SER SOCIO DA ANPA ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:51
MENÚ SETEMBRO 2024 Páxina gedepevi 06/09/2024 - 19:47
FALTA DE PROFESORADO ANPA pipaca 04/09/2024 - 13:20
Contacto co centro CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Páxina bggon 31/07/2024 - 10:39
Convocatoria de prazas no Servizo Lousame Concilia para o período lectivo do curso 2024/25. Páxina bggon 23/07/2024 - 08:46
Listaxe definitia do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25. Páxina bggon 17/07/2024 - 10:25

ESPAZOS MAKER

        Este curso 2018/19 o  CPI Plurilingüe  Cernadas de Castro iniciou a súa andadura, despois de ser seleccionado xunto con 9 centros máis de toda Galicia, no proxecto Espazos Maker. O noso centro atópase nun concello cunha relevante importancia económica e histórica no sector mineiro. Non en van xa pode datarse extracción de mineral no lugar de San Finx dende a Idade de Bronce. As Minas poden distinguirse como a primeira explotación de volframio iniciada en España e unha das primeiras de Europa que contou, durante a II Guerra Mundial coas instalacións técnicas máis avanzadas. Hoxe en día a mina continúa aberta e extraendo tanto wolframio coma estaño.

       Este contexto ofreceunos á comunidade educativa unha oportunidade única para poder desenvolver un traballo interdisciplinar no que se viron implicados todos os departamentos didácticos. Así, nun contexto de investigación, deseño e elaboración, o proxecto final traduciuse na construción dunha MAQUETA INTERACTIVA, a escala, das minas de San Finx, elaborada conxuntamente polo profesorado e alumnado de Secundaria .           

       Este proxecto resultou ser unha ferramenta educativa moi valiosa porque  contribuíu a fomentar moitas actitudes e valores que o alumnado foi adquirindo pouco a pouco, e tamén permitiu  incorporar a metodoloxía do “aprender facendo”,   tan valiosa  hogano nas nosas aulas.

      De xeito transversal, os nenos e nenas aprenderon a valorar o traballo en equipo como estratexia para o desenvolvemento vital fronte ao individualismo, e a cooperar en vez de competir.

          Este proxecto, iniciado este curso, terá continuación no vindeiro curso dado que nos atopamos na primeira fase do mesmo.

          Como mostra de todo o proceso desenvolvido ata o momento elaboramos a seguinte presentación que queremos compartir con toda a comunidade educativa.

            Parabéns ao alumnado e profesorado por un traballo ben feito e polo seu grao de implicación e  esforzo!

 

AdxuntoTamaño
Lousame_Maker 18_19.pdf6.7 MB