[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 14:10
CADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:58
SOLICITUDE PARA SER SOCIO DA ANPA ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:51
MENÚ SETEMBRO 2024 Páxina gedepevi 06/09/2024 - 19:47
FALTA DE PROFESORADO ANPA pipaca 04/09/2024 - 13:20
Contacto co centro CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Páxina bggon 31/07/2024 - 10:39
Convocatoria de prazas no Servizo Lousame Concilia para o período lectivo do curso 2024/25. Páxina bggon 23/07/2024 - 08:46
Listaxe definitia do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25. Páxina bggon 17/07/2024 - 10:25

AXUDAS LIBROS DE TEXTO/MATERIAL ESCOLAR 2017 E FONDO SOLIDARIO LIBROS 2017/2018

Estimadas familias:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde de 16 de maio de 2017 (DOG 96,  de 22/5/2017), convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar e regula a participación no fondo solidario de libros do alumnado de centros sostidos con fondos públicos, matriculado en  EP, ESO e EE.

·        

 Tipos de axuda e destinatarios.

-         

Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e todos os cursos de  ESO.

-         

Axudas para libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en Educación Especial.

-         

Material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e E. Especial.

·        

 Requisitos.

-         

Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos.

-         

Renda per cápita igual ou inferior a 9000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda:

o   

Os datos son os do exercicio fiscal de 2015.

o   

Sumaranse os recadros 380 e 395 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/15.

o   

No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

·        

Solicitudes.

-         

Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou descargar da web da Consellería de Educación.

-         

 As solicitudes presentaranse no centro en soporte papel ata o 23 de xuño de 2017 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO o usen praza na FP, que terán un mes de prazo desde o día seguinte ao da formalización da matrícula.

·        

Documentación que se debe achegar.

 ·         De autorizar a consulta telemática por parte da Consellería:

-         

Copia do libro de familia ou documento que acredite número de membros computables a 31 de decembro de 2015 (sentenza de divorcio ou separación, certificado de convivencia, …).

-         

 Certificado acreditativo do grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar e/ou acreditación de violencia de xénero, de ser caso.

-         

De non autorizar a consulta telemática,  á documentación anterior debe engadirse o DNI dos membros computables da unidade familiar e a declaración da renda do exercicio 2015.

·        

Contía das axudas.

-         

Libros de texto (só alumnado de 1º, 2º EP e EE):

o  

170 € para as rendas per cápita inferiores a 5400 €

o  

90 € para as rendas entre 5400 € e 9000 €

o  

O alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% recibirá unha axuda de 250 € con independencia da renda per cápita familiar.

-         

Material escolar:

o  

50 € por alumno cunha renda per cápita inferior a 5400 €.

·        

Fondo solidario de libros.

-         

Participan nel todos os alumnos dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e todos os cursos da ESO que presenten a solicitude pertinente.

-         

A este alumnado asignaráselle os libros por orde inversa á renda per capita da unidade familiar ata esgotar as existencias do centro, se ben teñen preferencia os alumnos en garda e tutela da Xunta de Galicia ou aqueles cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

-         

Cando os libros non cheguen, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios para entregar: 6 libros ás rendas inferiores a 5400 € e 4 libros ás situadas no tramo  entre 5400€ e 9000 €.

·        

Obrigas dos beneficiarios:

-         

En caso de recibir vales para material ou libros de texto, deben adquirir os libros de texto indicados polo centro e o material escolar necesario.

 

-         

Os participantes no Fondo deben devolver en bo estado os libros de texto recibidos ou mercados co Fondo do curso 2016/17 e comprometerse a conservar os que reciben para o curso 2017/2018. A non devolución será causa de exclusión da participación no fondo.

Poden consultar a Orde e descargar a solicitude nos adxuntos.

AdxuntoTamaño
Anexo1_solicitude.pdf2.2 MB
Orde_16maio2017.pdf1.27 MB