[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20

GIUSEPPE ARCIMBOLDO

Ola a tod@s: o alumnado de 2º B de Primaria está encantado de anunciarvos que xa rematamos a nosa pequena achega ao Proxecto Documental Integrado deste ano que leva por nome: "Defíneme artista". 

Como a nosa profe nos falou e explicou quen era o pintor italiano Giusseppe Arcimboldo, decidimos entre tod@s compoñer un dos seus cadros en 3D. Dado que a el lle gustaba tanto facer estraños retratos formados con froitas, animais ou outros obxectos, escollemos o cadro que mellor ía para esta época do ano: " O outono". Entre toda a clase e, coa axuda dos nosos pais/nais, conseguimos unha morea de froitas que rapidamente o noso profe preferido de Tecnoloxía nos axudou a cortar. Despois, a anacos e cando iamos rematando as tarefas, fomos compoñendo o cadro. Pois aquí tedes o resultado, non digades que non é fermosísimo!!!!!

Se queredes velo máis de preto, non dubidedes en vir pola nosa aula. Estaremos encantad@s de recibirvos.

Se queredes saber máis deste pintor, clicade na imaxe Risa