[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

CROS DE NOIA, 5 decembro 2023

O pasado 5 de decembro nos desprazamos ao Estadio de San Lázaro en Noia para participar na 1ª xornada de CROS escolar enmarcado dentro do programa XOGADE. Acudimos á cita un total de 44 alumnos e alumnas das categorías infantil e cadete.

Preme no seguinte enlace para ver as CLASIFICACIÓNS da proba e na foto para ver o álbum de imaxes.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Cros de Noia

CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES EN USO

MULLERES EMPRENDEDORAS DO RURAL

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CPI Plurilingüe Cernadas de Castro súmase, un curso máis, á loita contra a violencia de xénero. Baixo o lema #Eu quero que..... toda a comunidade educativa expresou o seu desexo de igualdade e respeto entre homes e mulleres.

Preme na imaxe para ver o álbum.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Eu Quero

RECOLLIDA DE PRODUTOS DE ASEO E DE LIMPEZA

DÍA DO PEÓN

Este xoves 16 de novembro celebramos  o XVII Día do Peón, da  man da asociación Brinquedia e da implicación do Concello de Lousame. No campo da festa do San Roquiño  ao grito de “polo San Martiño, todos e todas fixemos xirar os peóns e bailaretes, agasallo do Concello a todos os presentes.

Acompañando a  actividade demos conta dunhas boas castañas asadas para celebrar así o tradicional Magosto . Poidemos desfrutar tamén dunha  exhibición de lanzamento da trompa, xogo moi practicado en Muros ata o ano 1927 e do que se di que entrou na vila aló polo 1700. A trompa é un modelo rudimentario de trompo, de maiores dimensións, que se fai xirar a base de atizarlle cunha zorrega ou látego. O xogo era facela bailar e desprazala ata unha marca establecida sen que deixe de xirar.

E como non podía ser doutro xeito non podía faltar a música nin o baile, o grupo O Son do Pote foi o encargado de  que desfrutasemos ao son da pandeireta, gaita,…Para rematar, Xosé Manuel Barreiro, presidente de Brinquedia, convidou a todos, e especialmente á rapazada, a continuar botando a bailar os peóns ata o San Amaro, momento no que os trompos van ao faiado.

Premendo na  seguinte foto pódese ver  varios momentos da actividade.

 

CONCURSO DE CABAZAS_SAMAÍN 2023

Como non podía ser doutro xeito, non faltou o noso tradicional concurso de cabazas neste Samaín 2023. Noraboa a Unai, Mateo, Xoel, Pablo e Manuel por ser os gañadores desta edición!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Concurso de Cabazas

SAMAÍN 2023

Menudo Samaín máis terrorífico o deste ano! Os corredores enchéronse de  bruxas,  vampiros,  esqueletos,...ao redor do castelo e do cemiterio cheo de tumbas.

Distribuir contido