[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 17:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 19:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 17:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 12:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 12:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 20:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 19:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 09:28

Responder ó comentario

Prazo aberto para a solicitude de axudas para o Fondo solidario de libros de texto e material escolar 2023-24.

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal) Para a presentación de solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365  (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)

Opcionalmente tamén pode presentarse no centro docente utilizando o formulario ANEXO I, publicado na web da Consellería, e que estará a disposición dos interesados no centro docente, ou poden descargalo dos documentos adxuntos.

 

Xunto coa solicitude ANEXO I deberá presentarse:

 

       a) ANEXO II, comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

 

      b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o  número de membros utilizando os seguintes medios:

 

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

       c) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

        d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

 

       e) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.          

 

       f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

       g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor/a ou titores carezan de DNI e NIE.

Prazo de solicitude: do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos)

Entrega das solicitudes de 9h a 14h na conserxería do centro.

Impresos.

 

Cursos beneficiarios Asignación de libros e cuantía de axudas.
1º e 2º de Ed. Primaria

Axudas para adquirir libros de texto:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 240 euros.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 euros: 160 euros.

A contía para adquirir material escolar será:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 75 euros.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: 60 euros.
3º e 4º de Ed. Primaria.

Axudas para adquirir libros de texto:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: seis libros(6) de texto.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 euros: catro libros (4) de texto.

A contía para adquirir material escolar será:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 75 euros.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: 60 euros
5º e 6º de Ed. Primaria.

Proxecto Edixgal.

A contía para adquirir material escolar será:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 75 euros.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: 60 euros.
1º, 2º , 3º e 4º de Ed. Secundaria.

Axudas para adquirir libros de texto:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: seis libros (6) de texto.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 euros: catro libros (4) de texto.

A contía para adquirir material escolar será:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 75 euros.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 euros e igual ou inferior a 10.000 euros: 60 euros

 

Responder