Skip to Content


O pasado 26 de setembro o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a sorte de recibir unha charla sobre o cómic, impartida polo experto no tema Xulio Carballo. 



Xa temos colocado o cartel da biblioteca deste curso 2017-2018! O lema é un sinxelo e sabio pareado: "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" :)



Hoxe demos a benvida aos novos lectores de 1º ESO á biblioteca de Secundaria. O alumnado de 4º ESO foi o encargado de explicarlles as normas de uso, así como animalos a participar no grupo de voluntariado e no clube de lectura.

Finalmente, todos recibiron o seu carné que lles abre as portas deste novo espazo e as aventuras que encerra.

BENVIDOS E BENVIDAS!



Comeza o descanso estival, mais ímonos xa matinando nas actividades do ano que vén. Mentres, o equipo preparouvos algunhas suxestións. Premendo na imaxe podedes descargar a nosa guía de lectura de infantil e primaria e a de secundaria premendo AQUÍ. BOA LECTURA E BO VERÁN!



A clase dos pitiños pasou co seu profe Fernando a recoller os seus premios e a Galiña azul quixo saír tamén con elas e eles nas fotos.

En secundaria o primeiro premio foi para Alejandro de 3°ESO, cuxa foto servirá como portada para a guía de lectura de verán, dedicada á "Arte de ler" e o segundo premio para Samuel de 4°ESO



Finalmente, xa a piques de terminar, temos a exposición con todo o que en cada curso traballamos e aprendemos sobre o mundo anglosaxón. Isto queda reflexado nos murais que cada clase elaborou cos documentos escritos, e os traballos individuais en video dispostos en códigos QR.

Animádevos a descubrir eses países, levaredes mais dunha sorpresa.



O sábado 17 de xuño de 2017 celebróuse no Pazo de Congresos de Santiago a X Xornada dos clubs de Lectura ás que asistirón as alumnas Uxía Toja, Daniela Bolón e Yésica Veloso acompañadas pola profesora Mª Luz Noya. Premendo na imaxe inferior se accede ás fotos do evento na que se pode ver, entre outras cousas, ás alumnas coa escritora Ledicia Costas e a Mª Luz con Ana Rodríguez, profesora de lengua castellana y literatura que impartíu clases no noso centro. 

 Daniela, Jessi e Uxía con Ledicia Costas

Distribuir contido


by Dr. Radut