Skip to Content


Algunhas cousas raras están pasando arredor da nosa biblioteca. Como acabará isto...?



As segundas lecturas do curso comparten un tema común: o acoso.

As alumnas de 3° están lendo Valkiria de David Lozano. Premendo AQUÍ podes ver a proposta de traballo "Los errores se pagan" e premendo sobre a imaxe da portada a proposta da editorial coa cal traballamos.

  

O alumnado de primeiro ciclo está a ler La lección de August da serie Wonder. Se premes sobre  a imaxe podes ver a guía de lectura "Microfilosofía en Wonder", creada especialmente para o traballo co lema das bibliotecas deste ano: "Aprender a pensar na biblioteca escolar". 

 

Aquí podedes ver algunhas mostras de preceptos anti-bullying:

 



O noso Club de lectura libros ao cabo está formadp este ano por Celia, Isa e Lía de 3° ESO; Fran e Lara de 2° ESO e Marina, Iara e Eloy de 1°ESO.

Decidimos comezar as lecturas deste curso cun clásico da literatura universal que está de 75 aniversario: O Principiño, na tradución ao galego que fixo Carlos Casares, autor homenaxeado este ano 2017 no Día das Letras Galegas.

 

O Alumnado do Club fixo este audiolibro de citas en galego e francés:



Os gañadores do concurso de relatos de terror foron:

Noa Eiroa de 4º de primaria 

Yeray García de 5º de primaria.

Freire Mouzo de 1º ESO.

Álvaro Barreiro de 4º ESO.

Noraboa!




Hoxe foi o turno dos alumnos/as de 3º e 4º de primaria

 



O alumnado de 4º da ESO participou o pasado 20 de outubro no concurso de teatro lido en RADIO VOZ en Carballo, lendo un fragmento de "A fiestra valdeira" de Rafael Dieste. Poderemos escoitalos o 21 de novembro arredor das 11 da mañán na web de RADIO VOZ.  Os resultados do concurso coñecerémolos máis tarde.

QUE NERVIOS! MOITA SORTE!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut