Opinións do alumnado de 1º ESO sobre a última lectura do curso: Pel de lobo, de Xosé Miranda:
HECTOR: Gustoume todo, excepto o feito de que os lobos sacaran a pel.
ELOY: Gustoume moito o libro, xa que me gustan as historias de lobos e de cazadores. E está cheo de aventuras chulísimas. Recomendaríao.
ÓSCAR: Gustoume porque é entretido e é sobre caza, pero tamén hai amor. É bastante bonito, aínda que bota algo de medo.
LAURA: Encantoume este libro, porque é unha historia preciosa. O que máis me gustou foron detalles como que a historia estáballa contando Xosé aos seus netos. O que menos me gustou foi que Bal morrera.