Skip to Content

Club de lectura

TALLER DE ESCRITURA: DESPEDIDA

Estas son as cartas de despedida de Compu escritas polas alumnas de 3º ESO tras leren Valkiria:

 

LÍA DEVESA

 

CELIA MIRA

 

ISABEL SANTOS

LECTURA,CHAVE DE FUTURO

Aquí podes ver a guía "A lectura, unha chave de futuro"

 

E NO NADAL...

Seguimos lendo Harry Potter e xa estamos preparadas/os para chegar ata o final desta historia. 

PRISIONEIROS EN AZKABAN

Hoxe o alumnado do Club de lectura "Libros ao Cabo" recibiu uns billetes de tren para entrar no andén 9 e 3/4. Desde alí foron levados á biblioteca do cárcere de Azkabán, onde, para poder saír e regresar deberon solucionar unha serie de enigmas cos que recuperar o diario de Tom Riddle.

Para iso tiveron que traballar en equipo e usar a súa intelixencia, mais tamén algúns obxectos máxicos: libros de feitizos, variñas, lámpadas para tinta invisible...

9 3/4?

Algunhas cousas raras están pasando arredor da nosa biblioteca. Como acabará isto...?

LECTURAS SOBRE O ACOSO

As segundas lecturas do curso comparten un tema común: o acoso.

As alumnas de 3° están lendo Valkiria de David Lozano. Premendo AQUÍ podes ver a proposta de traballo "Los errores se pagan" e premendo sobre a imaxe da portada a proposta da editorial coa cal traballamos.

  

O PRINCIPIÑO

O noso Club de lectura libros ao cabo está formadp este ano por Celia, Isa e Lía de 3° ESO; Fran e Lara de 2° ESO e Marina, Iara e Eloy de 1°ESO.

Decidimos comezar as lecturas deste curso cun clásico da literatura universal que está de 75 aniversario: O Principiño, na tradución ao galego que fixo Carlos Casares, autor homenaxeado este ano 2017 no Día das Letras Galegas.

 

O Alumnado do Club fixo este audiolibro de citas en galego e francés:

XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA 2017

O sábado 17 de xuño de 2017 celebróuse no Pazo de Congresos de Santiago a X Xornada dos clubs de Lectura ás que asistirón as alumnas Uxía Toja, Daniela Bolón e Yésica Veloso acompañadas pola profesora Mª Luz Noya. Premendo na imaxe inferior se accede ás fotos do evento na que se pode ver, entre outras cousas, ás alumnas coa escritora Ledicia Costas e a Mª Luz con Ana Rodríguez, profesora de lengua castellana y literatura que impartíu clases no noso centro. 

 Daniela, Jessi e Uxía con Ledicia Costas

TRABALLOS SOBRE "EL PROFESOR DE MÚSICA"

O alumnado do club de lectura "Libros ao Cabo" creou traballos sobre a novela El profesor de música de Yaël Hassan relacionándoa cun dos temas sobre o que o alumnado traballou ao longo de todo este ano: os Dereitos Humanos.

Distribuir contido


by Dr. Radut