Skip to Content

Audición e linguaxe

Buscamos os sinónimos!

El Gusto de Investigar pretende animar a estudiantes y profesores ...

 

Tedes adxuntado unha ficha sobre os sinónimos, descargádea para poder realizada. É moi fácil, pero é necesario estar ben concentrados para levala a cabo. 

 

Espérovos en albembibre@gmail.com para axudarvos nos que precisedes así como para correxir. 

Un aperta virtual!!

Tod@s podemos ser mestres e mestras!!

Feliz día a todos nuestros docentes de la Universidad ...

Voltamos cunha actividade que a maioría de vós gustouvos moito! Polo cal... TOCA CORREXIR!! Parece ser que moitos de vós tedes vocacións de mestres!

 

 

Discriminación Figura/Fondo e Agudeza visual

Como ordenar tus útiles escolares | Confemadera.es

 

No documento adxunto déixovos unha ficha con debuxos ocultos. A ver se os descubrirmos!!!

Vocabulario en Galego. 17 de maio- SEMENTAMOS EN GALEGO

Lingua galega | Gallegas, Castelao, Fondos de pantalla tumblr

 

Tod@s sabedes que o 17 de maio celébrase o día das letras galegas, neste caso, adicado a Ricardo Carvalho Calero. 

Por mor da situación excepcional que estamos a vivir polo COVID19, aprazouse esta festividade ao mes de outubro. 

De todas formas, non quería que pasara a semana do 17 de maio e non traballar algo relacionado coa nosa lingua, co galego. 

Por iso propóñovos que me enviedes as definicións de estas palabras tan galegas e tan nosas; do noso día a día... Algúnha coñecerédela, outras teredes que investigar coa familia... Xa sei que sodes moi bos detectives... polo cal non dubido que o conseguiredes!!!

 

 

 

 

Emocionámonos?

Ola a todos e todas!!! 

Que ganas de vervos a todos e todas en persoa! 

Estos días que estamos a vivir, permítenos reflexionar, pensar e coñecernos un pouquiño máis a nós mesmos...

Por iso,deixovos este tarefa....  É un tanto curiosa... xa sabedes que as miñas fichas, de vez en cando, son un pouco raras...  Pero xa vos estades acostumando!!!!!!!

Deixovola en material adxunto, para que a descarguedes!!!!

 

                  

Pensamos e eliximos!

 

Talleres de inteligencias múltiples – Elche – ESCUELA DE VERANO Y ...

Toca unha tarefa relacionada cos verbos. É importante, ler, pensar e elixir! 

Como axuda, lembrade:

      • HOXE ??  presente
      • MAÑÁN??  futuro
      • ONTE??   pasado

Deixovos as tarefas en documentos anexos, para que sexa máis fácil traballar nelas!!

 

Un saúdo, a profe Cris!

 

 

Atréveste??

Atréveste?

Aquí tedes unha tarefa do mais divertida... Eso sí, implica un grao de atención e rapidez moi importante... Espérovos no correo electrónico da aula, para ver os vosos vídeos ou tempos!!! 

 

Deixovos a tarefa en pdf, por se vos é mais doado!!

Trabalinguas!

 

Ola!!! Hoxe deixovos uns trabalinguas!!! Asi que preparade a lingua!!!!!!

Podedes enviarme vídeos ao correo eléctrónico ensinándome que tal o facedes!! Para mandar os vídeos, no caso que pese moito... O xeito máis doado é envialo por wetransfer. 

Ante calquera dúbida... Espérovos a todos e todas en albembibre@gmail.com

 

 

 

 

               

 

 

 

       

                          

                                   

 

 

 

Articular o Fonema RR

 

Para esta semana deixovos unha actividade que seguro que todos coñecedes!!!!

 

O xogo da oca!!!

Podedes xogar con ela dende a páxina web, ou descargala. Como vos sexa máis axeitado!!!

Un saúdo da profe Cris. 

 

Sinónimos dos Maios.

FESTA DOS MAIOS GALEGA, FIESTA DE LOS MAYOS GALLEGA – MISTERIOS Y ...

Aproveitando a festividade dos maios, lembrei un poema de Curros Enríquez. Anímovos a que o leades (recordade que cando lemos un poema temos que poñer o ton "poético")  e despois que intentedes cambiar varias palabras  por sinóminos.... 

Un exemplo: 

Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Aí vén o maio
de frores tapado... 

O MAIO

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra

De que estou falando?

Talleres de inteligencias múltiples – Elche – ESCUELA DE VERANO Y ...

 

Deixovos unha ficha, onde deberes acertar a que palabra me estou referindo. Intentande pensar, concentrarvos e razoar...e facer a ficha sen axuda... Estou segura que todos e todas a faredes SÚPER BEN!!

Atréveste??

 

 

ATRÉVESTE?

Aquí tedes unha actividade un tanto curiosa.

Vedes as palabras que están aquí abaixo? Pois, non tedes que lelas, senon dicir o máis rápido posible as cores de cada palabra... Podedes mandarme os vídeos da actividade e logo se queredes monto un vídeo con todos os nenos e nenas xuntos.

 

Anímáte!!!!

Lectura comprensiva!

Libro de dibujo, lectura, fotografía, leyendo, pájaro png | PNGWing

Deixovos as lecturas comprensivas desta semana.

Xa coñecedes a rutina: hai tres lecturas, polo cal, observade cal vos corresponde polo curso.

Lembrade que cando contestedes as preguntas relacionadas coa comprensión debemos explicarnos e non contestar SI ou NON. 

Como sempre, espérovos en albembibre@gmail.com

Articular o Fonema RR

 

 

Deixovos un enlace de youtube para que sigades entreando a articulación do FONEMA RR. 

De todas formas, continúade traballando as actividades dos días anteriores.... Xa sabedes que é cuestión de esforzo e práctica!!!

 

Seguro que pronto me informaredes dos grandes progresos!!!

 

Un saúdo. 

 

https://youtu.be/t3cmqQV1Jt8

 

Lectura comprensiva para a rapazada de 4º, 5º e 6º

Libro de dibujo, lectura, fotografía, leyendo, pájaro png | PNGWing

Desta volta deixovos unha lectura para traballar os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

O alumnado de sexto,a maiores, deberedes de facer un resumo no cal, lembrade, que debe ter as tres partes: presentación, nó e desenlace. Esta composición debe ser curta e non vos esquecedes da estratexia que traballamos na aula: ORACIÓN PUNTO ORACIÓN PUNTO. 

Solucionarei as vosas dúbidas no correo electrónico da aula, albembibre@gmail.com

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut