NUNCA É TARDE PARA EMPEZAR
Lembra que nunca é tarde para empezar!!!
Acaba de comezar o terceiro trimestre, así que é un bo momento para organizar o teu estudo durante a cuarentena. Aquí tes uns cantos consellos:
- Adapta o espazo de estudo: que sexa cómodo, con boa luz e temperatura e con todo o material necesario para o traballo académico.
- Establece un horario para levantarte e almorza ben para comezar o teu día.
- Elabora un horario de estudo realista. Planifica o tempo que dedicarás a cada materia e tamén os descansos.
- Consulta cada día a web do centro e os espazos que utiliza cada profesor/a para o traballo.
- Anota todas as novidades do día ou semana. Se non entendes algo consulta as dúbidas aos profesores/as están aí para axudarche.
- Mantén hábitos saudables:
- Aliméntate ben, come sa.
- Dedica un tempo ao exercicio físico.
- Durme ben e mantén un horario de sono axeitado.
ÁNIMO, XA QUEDA MENOS!!!