Skip to Content

REMEXENDO CONCIENCIAS

 O coidado e a preservación debe de ser un dos pilares fundamentais da nosa educación e acción sobre a Terra. A reciclaxe está ligada a sustentabilidade, cantos máis materiais se reduzan, reutilicen e reciclen menos material descartaremos e o medio ambiente sufrirá menos o crecemento permanente e desorganizado do lixo que xeramos.

Debemos e queremos concienciar sobre os seguintes puntos:

- Reducir, reutilizar e reciclar reduce o consumo e o desperdicio.

- Reducir, reutilizar e reciclar aforra recursos naturais.

- Reducir, reutilizar e reciclar reduce a nosa dependencia do petroleo.

- Reducir, reutilizar e reciclar reduce a contaminación.

- Reducir, reutilizar e reciclar aforra diñeiro e crea empregos.

 O noso obxectivo fundamental é proporcionar a toda a COMUNIDADE ESCOLAR a oportunidade de adquirir coñecementos, valores, actitudes e o interés necesario para protexer e mellorar o medio ambiente, inculcar novas pautas de conduta cara un desenvolvemento sostible e propoñer unha ampla variedade de actividades, desde o centro educativo, relacionadas coa educación medioambiental.



page | by Dr. Radut