Skip to Content

Departamanto de Debuxo

 

 

O departamento de Debuxo é o órgano responsable da docencia propia da área de coñecemento de Debuxo e as Artes Plásticas no campo do visual e o audiovisual. As asignaturas que se imparten son: Educación plástica visual e audiovisual I e 1º de ESO, Educación plástica visual e audiovisual II en 3º de ESO e Educación Plástica, visual e audiovisual en 4º de ESO. As diferentes actividades a realizar están englobadas por proxectos onde se abordan contidos sobre o mundo da arte inxertados con outras disciplinas seguindo modelos pedagóxicos alternativos. Cada unha das actividades realizadas afróntanse desde catro bloques temáticos de contidos interrelacionados (Historia da arte, Filosofía, Técnicas artísticas e Linguaxe visual) os cales xeran un mapa de coñecemento colectivo de gran utilidade para o alumnado permitíndolle mergullarse no universo artístico a través da creación artística e afastándose por tanto, da simple manualidade.

 

   Xefa do Departamento: Ana Delia Rodríguez Dorrego

   Blogue: http://plasticlass.blogspot.com.es/



story | by Dr. Radut