Skip to Content

IMPORTANTE: CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR PARA OS USUARIOS EXCEPCIONAIS

Esta nota informativa só está dirixida para aquelas familias que teñen as paradas de transporte escolar en Bembibre: Caixa Galicia ou San Lorenzo (Os Porches).

Hai uns días notificáronnos unhas variacións no procedemento de utilización do transporte escolar integrado para aqueles alumnos/as que fan un uso excepcional (residentes en Bembibre).

Ata o curso pasado, tiñamos que meter a todo ese alumnado excepcional na aplicación de transporte escolar e a Consellería de Educación autorizábaos a utilizalo. Para este curso o procedemento varía e o alumnado que colla o autobús nesas paradas de Bembibre xa non estará rexistrado na aplicación, polo que será considerado como un pasaxeiro máis de liña regular, co que terá que utilizar obrigatoriamente a tarxeta XENTE NOVA cada vez que accedan ao bus (tanto na viaxe de ida como na de volta).

Hai que puntualizar, que aínda que teñan que utilizar a tarxeta XENTE NOVA, o servizo de transporte escolar seguirá sendo gratuíto para eses alumnos/as (os nenos/as menores de 4 anos non utilizarán a tarxeta e accederán libremente ao bus sen ela).

TARXETA XENTE NOVA: na seguinte ligazón teñen toda a información sobre esta tarxeta (quen a pode utilizar, como se solicitala a través de ABANCA, como recargala, etc...):

https://www.bus.gal/gl/xente-nova

 



page | by Dr. Radut