Skip to Content

EP

Profesorado Ed. Primaria

  1º CICLO PRIMARIA     2º CICLO PRIMARIA     3º CICLO PRIMARIA
1ºA Reymóndez Ramos, Ana   3ºA Castosa López, Ana Belén   5ºA Goldar Cora, Mª Eugenia
Diéguez Sanmartín, Mª Concepción
Sande Iglesias, Antón
1ºB López Sande, Silvia   4ºA Estévez Iglesias María Montserrat
  6ºB López Mejuto, María Elisa
2ºA Mosteiro Vicente, Ana Raquel
  4ºB

Rozados Couceiro, Belén

  6ºA Soto Pereiro, María José
    6ºB Correa Otero, J. Manuel
               
ING.-II Castro González, Belén   E.F.-I Diéguez Sanmartín, Mª Concepción   E.F.-II e P.C. (3º ciclo)
Sande Iglesias, Antón 
A.L. Novoa Rodríguez, Javier
  ING.-I Carballo Vales, Javier
   Música  Goldar Cora, Mª Eugenia
Relixión I Rodríguez Prada, Pilar   P.T. I
 Calvo Peña, Nuria
  Apoio EP e P.C. (1º ciclo)
Sánchez Currás, Sara María
Arts Nogueira Piñeiro, María   PT II Núñez García,Rebeca   P.C. (2º ciclo)  

Saída de fin de curso 3º ciclo de EP

Os días 4 e 5 de Xuño marcharon de excursión a alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria. Pasamos estes días na granxa Escola Fervenzaventura onde fixemos unha morea de actividades.

Aproveitamos a estancia para visitar a fervenza do río Toxa, unha das máis bonitas de Galicia.

Aquí vos deixamos unhas imaxes desta actividade.

Álbum: Curso 23-24 -> Excursión fin de etapa 3º ciclo de EP

Quero ser... escritora con Susana Sánchez Aríns

Polo recente premio Follas Novas ao libro galego do ano pola obra "Cinco Corujas" da nosa querida mestra Susana Sánchez Aríns o alumnado de 5ºA queriamos felicitala e coñecer algo máis da súa vida.

Quería ser escritora? Mestra? Bióloga? Astronauta?... Tomando como punto de partida o noso proxecto de centro decidimos facerlle unha entrevista en forma de podcast que podedes escoitar aquí.

Álbum: Curso 23-24 -> Quero ser... escritora con Susana Sánchez Aríns

Bailando cos nosos maiores (Centro de día VI: actividade final)

O día 29 de Maio o alumnado de 5º de Educación Primaria fixo a última das actividades conxuntas co centro de día deste curso 23-24.

Sairon camiñando do cole e dirixíronse ao centro de día. Ao chegar alí bailaron as 3 danzas que prepararon para o Serán das Letras. Despois xogaron a diferentes xogos cos maiores como son o pano, o rondo e a corda.

Logo degustaron unha merenda do propio centro de día e despedíronse dos/das maiores ata o vindeiro curso.

Finalizaron a mañá volvendo, de novo camiñando, ao cole.

Álbum: Curso 23-24 -> Bailando no Centro de Día

Excursión de fin de curso 1º ciclo de EP

O martes 28 de maio o alumnado de 1º de Ciclo de Primaria realizou a súa saída de fin de curso. Viaxaron a O Grove para realizar diferentes actividades lúdico-deportivas nun entorno de costa. No camping Paisaxe II e na praia de Area Grande pasaron o día bañandose e divertíndose ao máximo. Acompañounos o sol e quedáronlle moitas ganas de repetir. Clicade na imaxe para ver as fotos do ben que o pasaron.

Álbum: Curso 23-24 -> Excursión 1º ciclo

Encontro XOGADE de atletismo 5º de EP

O día 9 de Maio o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nunha Xornada Deportiva arredor do deporte do atletismo. organizada pola Asociación de Deporte Escolar de A Estrada que tivo lugar nos Campo das Canteiras no concello de Cuntis. Esta xornada enmárcase dentro do programa XOGADE de deporte escolar. 

O alumnado participante practicou as modalidades de 50m, 4x50m, salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de peso e iniciación do lanzamento de xavelina. 

O alumnado do CPI participou nesta xornada con alumnado do CEIP Pérez Viondi, CEIP Figueroa, CEIP Villar Paramá, CEIP do Foxo, CEIPP de Oca e o Colexio de Lourdes.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Encontro XOGADE Atletismo 5ºEP

Excursión aos museos científicos de A Coruña (EI e 1º ciclo de EP)

O martes 30 de abril, o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria visitou a cidade de A Coruña para disfrutar do Acuario, do Planetario e da Casa das ciencias. Aínda que chegaron moi cansadiños aprenderon moito e pasárono moi ben. Abaixo vos deixamos unhas imaxes da excursión.

Álbum: Curso 23-24 -> Saída Museos Científicos EI e 1º ciclo EP
Distribuir contido


by Dr. Radut