O luns 18 de marzo tivemos no centro unha homenaxe ao cuntiense Roberto Blanco Torres cando se cumpren 122 anos do seu nacemento. Participaron na mesma membros das Asociacións Culturais O Meigallo e O Fervedoiro de Cuntis, grandes valedores do intelectual de Cuntis.
Onte martes 19 de marzo tivemos a sorte de contar coa presenza no noso centro de dous contadores de historias de recoñecido prestixio nacional e internacional. O conxunto do alumnado da ESO gozou dos relatos que, en galego e inglés, nos trouxeron Charo Pita e Tim Bowley nunha viaxe imaxinaria que demostra a necesidade de reivindicar a diversidade cultural e lingüística e as estreitas relacións entre as tradicións orais do mundo.
O luns 18 de marzo visitounos Susa Herrera profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para presentarnos o seu novo traballo "En Cabárceno se oye cantar".
Cantamos, bailamos e aprendemos un motón de cousas sobre os animais que viven neste gran parque natural. VIDEOS
O venres día 16 de marzo os membros do club de lectura "As Campaíñas" realizarmos unha viaxe a Pontevedra para visitar a XIV Edición do Salón do Libro, que este ano está inspirado nas máquinas.
Aproveitamos tamén a mañá para acudir a unha exposición de pintura, no Café Moderno, do autor marinense Ramón Lorda Deside titulada "Deside. A pintura sen tempo".
PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2013-2014
o prazo de admisión para o curso 2013-2014 abrangue desde o 5 ata o 17 DE ABRIL
(* De acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).
O vindeiro venres 22, o Club de Lectura presentara o libro "Vértebras e lóstregos", de Manuel Pérez Lourido, ás 20:00 na Biblioteca Pública de Cuntis. Estades todos invitados.
O alumnado do CPI convídavos a asistir ao seu desfile de Entroido. A partir das 11:00 h no patio exterior do colexio.
O tema dos nosos disfraces está relacionado coa reciclaxe e reutilización de material de refugallo, principalmente cos xornais. A partir das 12:45 degustaremos filloas e orellas elaboradas polas familias da ANPA "O Baño".
O luns 28 de xaneiro o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria desfrutaron da degustación dunha "merenda saudable".
Esta actividade complementa o traballo desenvolvido previamente nas aulas co obxectivo de xerar actitudes e motivación cara o coidado persoal. Este ano foron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, coordinados polas súas mestras titoras, os encargados de ler nas aulas de infantil e 1º e 2º de primaria unha selección de contos que os encargados da biblioteca do centro recopilaron par esta actividade. Algúns dos títulos: Gústame o chocolate, Lolo anda en bicicleta, Tanta miga e a súa barriga, Unha tarde no parque, A colección de galletas, ...
Nesta ocasión foi o Concello de Cuntis o que nos facilitou os alimentos grazas á implicación de diversas empresas que achegaron leite, pan, froitas, ...