O noso Club de Lectura "As Campaiñas" volve abrir as súas portas e desta vez irá dirixido ao alumnado de 3º de primaria até 4º de secundaria. Como teremos dous grupos de lectores faremos os nosos encontros cada quince días, un de primaria e outro de secundaria, cada martes de 14,30 a 15,30hs.
Aquí vos deixamos o enlace ao noso blogue para que lle botedes un ollo ao que temos pensado facer e ao que xa comezamos a facer na nosa primeira xuntanza deste martes 17 de outubro.
http://ascampainhas.blogspot.com.es/2017/10/comezamos.html
O venres día 16 de marzo os membros do club de lectura "As Campaíñas" realizarmos unha viaxe a Pontevedra para visitar a XIV Edición do Salón do Libro, que este ano está inspirado nas máquinas.
Aproveitamos tamén a mañá para acudir a unha exposición de pintura, no Café Moderno, do autor marinense Ramón Lorda Deside titulada "Deside. A pintura sen tempo".
Se queredes ver as fotos picade aquí: FOTOS