Skip to Content

Abalarmóbil para as familias do CPI de Cuntis

Estimadas familias:

Desde o centro no que estuda o seu fillo queremos que toda a comunidade educativa, e vostedes como familias en primeiro lugar, sexan coñecedoras do labor que facemos no día a día no colexio. É por iso que colgamos canta información relativa ao traballo diario que desenvolven os seus fillos e fillas na web do noso centro para que poidan vela cando quixeren:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiaureliomarcelino/

 Ademais, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, imos participar en fase de probas o que queda deste curso, e de forma xeralizada xa desde inicio do vindeiro, na plataforma abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil (ou tablet) dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

 A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou desde Play Store (se o sistema operativo é Android).

 As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais

• Consultar as cualificacións

• Consultar as faltas de asistencia

• Consultar as faltas de conduta

• Solicitar unha cita de titoría

• Consultar os datos do centro educativo

• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

• Consultar as incidencias creadas polo profesorado

 A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado no noso centro tanto de educación infantil e primaria como de secundaria.

 No seguinte enderezo https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.

 Desde o centro lembrámoslles que desde este mesmo momento as familias xa poden comezar a utilizala con todas as súas funcionalidades, mais queremos que saiban que no que queda de curso vai ser en fase de probas, tamén para o profesorado, polo que lles pedimos comprensión polos erros que puidese haber nesta primeira fase experimental.

 Ante calquera dúbida ou problema respecto a este tema, por favor, non deixen de contactarnos.

 Moitas Grazas pola súa atención.

 Reciban un cordial saúdo.

 

O Equipo Directivo



portada | by Dr. Radut