Skip to Content

30X_ Muros e Carreira Solidaria

Desde o equipo educativo do centro pensamos que este curso debíamos atender á actualidade internacional e aproveitar a efeméride do Día Internacional da Paz e a Non Violencia para coñecer e reflexionar sobre a situación en Palestina.

O luns 29, nos recreos de EI/EP e o 2º recreo da ESO, convertemos o patio nun territorio dividido por un muro. Contamos coa colaboración do alumnado de EPV de 4ºESO, que deseñou uns muros como os da franxa de Gaza para marcar os espazos de entrada e saída. Houbo zonas de acceso restrinxido para grande parte do alumnado: zona de xogos no patio e corredor de biblioteca/recantoSTEM e baños. O alumnado de 4º ESO e 6º EP foi o encargado de exercer do EXÉRCITO que vixiou os CHECKS POINTS e autorizou ou non a entrada/saída de alumnado. Para iso escolleron unha consigna segreda (levar tenis brancos, pelo crecho ou algunha prenda vermella) que só foi revelada ao acabar o xogo. Na sesión seguinte, nas aulas, os grupos reflexionaron sobre como se sentiron durante a actividade, se lle pareceu xusto que algunhas compañeiras e compañeiros tiveran dereitos (ir ao baño, comer froita) e mesmo privilexios (ter acceso á xogos e material deportivo) sen unha razón sabida. Houbo enfados, raiba, risos e levamos á reflexión á situación actual na zona de Gaza.

 Para o día 30 organizamos unha Carreira Solidaria. Previamente o alumnado visiounou a curtametraxe En pé, protagonizada por unha refuxiada palestina. E previamente, tamén, as crianzas que o desexaron buscaron padriños e madriñas para a súa participación na carreira. Os apadriñamentos podían ser de 1€, 2€ ou outra cantidade maior.

 O concello pechou para nós a zona do centro da vila e organizamos un circuito de 500 m. O alumnado correu por categorías, en moitos casos acompañados de madriñas ou padriños. Foi unha mañá solleira e divertida.

 Finalmente, sumando as achegas dos apadriñamentos, recadamos 912,21€ que serán doados à organización con proxectos en Palestina.

 

 

 

 

Álbum: Curso 23-24 -> Día da Paz
AdxuntoTamaño
Carreira Solidadria.jpg227.44 KB


album | by Dr. Radut