Skip to Content

28A. O legado de Jules Verne (Magalhaes- Elcano IX)

O alumnado de 1º ESO, acompañado do grupo de Club de Lectura da ESO, realizou este xoves 5 de maio unha viaxe á cidade de Vigo para seguir os pasos das mulleres planta, cuxo segredo averiguaron este ano coa lectura da obra de Ledicia Costas Jules Verne e a vida secreta das mulleres plantas.

Como un dos protagonistas da obra é o escritor Jules Verne, durante a mañá participamos nunha actividade de Escape Room de título "O legado de Xulio Verne", con xogos de pistas e retos para salvar o planeta. Tamén visitamos a praia de Samil.

Despois de xantar no Monte do Castro, de tarde, a escritora Ledicia Costas acompañounos polas rúas de Vigo nun roteiro que recorría os lugares protagonistas do seu libro.

 

Álbum: Curso 21-22 -> El legado de Jules Verne


album | by Dr. Radut