Skip to Content

SAÍDA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Achegamos a crónica desta saída feita por Antón Lòpez Campos de 4º A:

"O 25 de Febreiro o alumnado de 3º e 4º de EP realizou unha excursión á cidade de A Coruña. Xa alí dividímosnos, os de 3º foron a Casa das Ciencias e os de 4º fomos ao Museo do Domus, onde fixemos un obradoiro de arte prehistórica. Seguidamente fomos ver unha película pésima. A continuación fomos comer no comedor do Domus que tiña vistas ao mar. Ao acabar fomos ao Acuario, alí vimos peixes de todos os tipos, en especial unha quenlla chamada Gastón, que medía 3 metros. Por último avistamos como lle daban de comer ás focas. Despois collemos o autobús e voltamos cara Cuntis. Chegamos ás 19:30h aproximadamente"

 

Achegámosvos unha pequena mostra da actividade:

 



book | by Dr. Radut