try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Actividades realizadas

 

Logo Bioconstrucción SomesoRetorno a la página principal del portal de Biocontrución Someso:
[Galego]

Na traxectoria de Bioconstrución Someso desenvolvimos moitas actividades que non chegamos a trasladar á web. Estamos traballando para incorporalas a este catálogo.

Pregámoste que nos disculpes e invitámoste a visitar a páxina de vez en cando e ver as novas referencias incorporadas. Moitas grazas.

[Español]

Durante la trayectoria de “Bioconstrución Someso” desarrollamos muchas actividades que no llegamos a trasladar a la web. Estamos trabajando para incorporarlas a este catálogo.

Te rogamos que nos disculpes y te invitamos a visitar la página de vez en cuando para ver las nuevas referencias incorporadas. Muchas gracias.

 

Curso 2016-17

 

Programa Erasmus+ Mobilidade de persoal para aprendizaxe. Proxecto de formación internacional en bioconstrución “Bioform”
19-21 xuño 2017. A Coruña.

Centro de Formação Profissional da Indústria da Construção Civil e Obras Públicas do Norte (CICCOPN)

Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais

 

Colaboración co Programa Municipal de Educación Ambiental.

Xuño 2017. A Coruña.

A empresa de servizos de educación ambiental “Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.” solicitou a inclusión de visitas escolares ó Módulo Bioclimático “A Vieira” no programa municipal “A enerxía que move a miña cidade” desenvolvido pola Concellería de Medio Ambiente.

Durante a visita realízase unha explicación dos aspectos mais relevantes dos proxectos de Bioconstrución Someso, así como das posibilidades de formación profesional que ofrece Someso a través da colaboración realizada polas diferentes familias profesionais nos proxectos presentados.

Os grupos participantes figuran na relación de visitas guiadas realizadas ao longo do curso e que se pode ver aquí.

2017 04 20 a IES R Menendez P Zalaeta - P Afuera

 

Colaboración co programa “Atrévete”

Xuño 2017

Este programa se desenvolve no marco do Plan Eduemprende, promovido pola Consellería de Educación en colaboración coa Consellería de Economía e Industria, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia e vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

As visitas ao CIFP Someso realízanse para mostrar as posibilidades da FP aos alumnos de 2º ESO de diferentes centros da provincia da Coruña.

Entre as actividades desenvolvidas en Someso encóntrase unha breve visita comentada ao módulo bioclimático A Vieira que se inclúe na relación de visitas guiadas realizadas ao longo do curso e que se pode ver aquí.

2017 03 03 CEIP Celso Emilio Ferreiro CERCEDA

 

Programa Erasmus+ Mobilidade de persoal para docencia. “Sessões de Formação sobre Cozinha Solar e Bioconstrução”.

22-26 Maio 2017. Faro (Portugal).

Universidade do Algarve, Instituto Superior de Enxeñaría.

Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais

 

V Encontro Solar UDC

27 abril 2017. A Coruña.

Promovido pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e organizado por ADEGA e o equipo de Bioconstrución Someso.

A actividade consistiu nunha xornada de exposición i experimentación con fornos, cociñas e diversos aparellos para o aproveitamento da enerxía solar.

Nesta edición reuníronse 50 fornos e cociñas solares realizando numerosas elaboracións culinarias.

Actividade definida no apartado: Actividades de divulgación da Enerxía Solar

 

Intenational Conference on Renewable Energy and Power Quality ICREPQ17. Ponencia “Comfort temperature and humidity evaluation of a bioclimatic design building”. Poster “Cooking with the sun: teaching and capaciting about solar energy”

4-6 abril 2017. Málaga.

European Association for the Development of Renewable Energies and Power Quality, a Universidade de Vigo e a Universidade de Málaga.

Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais

 

Xornada de Sustentabilidade da UDC

1 decembro 2016

Universidade da Coruña. Campus de Elviña. Facultade de Dereito.

A Coruña

Unha exposición sobre diversos ámbitos da sustentabilidade na nosa sociedade ao longo do ano e en especial de cara as festas de nadal.

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organizou a VII Xornada de Sustentabilidade convidando a diversas entidades e especialistas que teñen recoñecida traxectoria en diferentes aspectos que contribúen a mellorar o comportamento da sociedade no que respecta a sustentabilidade.

2016 12 01 Xorn Sustentabilidade UDC

 

Apertura Oficial do Curso 2016-17 de Formación Profesional

4 octubre 2016. Mondoñedo (Lugo).

La Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través de la Dirección Xeral de Formación Profesional organizó una exposición en el IES San Rosendo con diez proyectos de innovación en FP desarrollados en Galicia para la apertura oficial del curso por la Reina de España.

Más información [Español] AQUÍ

Mais información [Galego] AQUÍ

 

Curso 2015-16

 

Comisión Internacional de Avaliación da Tese de Doutoramento “Sustainable Comunities Project: Protocol and Appropiate Technologies for Water Management”

1 Xuño 2016. A Coruña.

Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Física. Especialistas de Chile, Portugal e España.

Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais

 

IV Encontro Solar UDC

4 maio 2016. A Coruña.

Promovido pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e organizado por ADEGA e o equipo de Bioconstrución Someso.

A actividade consistiu nunha xornada de exposición i experimentación con fornos, cociñas e diversos aparellos para o aproveitamento da enerxía solar.

Nesta edición reuníronse 70 fornos e cociñas solares realizando numerosas elaboracións culinarias.

Actividade definida no apartado: Actividades de divulgación da Enerxía Solar

 

II Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas.

27 Abril 2016.

A Coruña.

Organizadas polo Centro de Formación e Recursos. Os profesores Juan Bello e Juan R. Suárez expuxeron a experiencia do proxecto Bioconstrución Someso sobre as actividades de bioconstrución desenvolvidas desde os primeiros pasos no ano 2000 no IES Fernando Wirtz ata os proxectos internacionais e proxectos de innovación que deron lugar ó Módulo Bioclimático “A Vieira” e a súa relevancia como recurso didáctico excepcional ó que recorren numerosas institucións formativas para visitas técnicas.

O elemento mais importante foi a colaboración de numerosos profesores e especialistas procedentes de múltiples ámbitos, tanto de Someso como doutras institucións.

2016 04 27 II Enc Exp Educativas A CORUÑA

 

DIA DA NAI TERRA

22 abril 2016.

Realización dun mural conmemorativo do día internacional da Nai Terra (22 de abril).

Promovido pola Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña, especialistas da empresa de servizos de educación ambiental “Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.” en colaboración con alumnos del Ciclo Medio de Construción y de FP Básica de Automoción realizaron un mural no que se aplicaron técnicas relacionadas coa formación dos alumnos de construción.

O mural contén unha inscrición alusiva á responsabilidade que ten cada persoa na forma de desenvolver o seu traballo con respecto á conservación do medio ambiente: “Coas túas mans, o teu traballo e os materiais que usas constrúese a túa realidade cotiá e a do teu planeta. DÍA DA NAI TERRA. Abril 2016”.

Durante o desenvolvemento dos traballos realizou unha visita a Someso María García, Concelleira de Medio Ambiente, boa coñecedora dos proxectos de Bioconstrución Someso.

2016 04 22 Día Madre Tierra SOMESO

 

FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA

14-16 abril 2016

Silleda. Pontevedra

Unha exposición sobre os máis diversos ámbitos enerxéticos.

A Consellería de Educación solicitou a participación dos centros de Galicia nos que se imparten ciclos formativos da familia profesional de Enerxía e Auga e tamén o CIFP Someso para mostrar os proxectos de innovación desenvolvidos no ámbito da bioconstrución.


Mais información aquí.

Feira Enerxía Galicia PORTADA

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ÓS Proxectos de innovación do CIFP Someso

Marzo 2016

Visitas comentadas á exposición dos proxectos presentados polas familias de Edificación e Obra Civil e Fabricación Mecánica no Congreso de Innovación na Formación Profesional INNOVA FP GALICIA:

  • Módulo bioclimático experimental “A vieira”.
  • Construción con palla e acabados superficiais.
  • Solucións enerxéticas e de climatización natural na bioconstrución.
  • Fornos e cociñas solares como recurso didáctico para a aprendizaxe da enerxía solar.
  • Sistema de inspección predictiva de imperfeccións en elementos mecánicos de aeroxeradores.

Mais información aquí.

e

 

INNOVA FP GALICIA. Congreso de Innovación na Formación Profesional

24-25 de febreiro 2016

Santiago de Compostela

No congreso celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o equipo de Bioconstrución Someso presentou un estand con catro proxectos:

SI33-1. Módulo Bioclimático Experimental "A Vieira".

SI33-2. Construción con palla e acabamentos superficiais.

SI33-3. Solucións Enerxéticas e de Climatización Natural na Bioconstrución.

SI33-4. Fornos e cociñas solares como recursos didácticos para o aprendizaxe da enerxía solar.

Mais información aquí.

Innova fp Galicia CARTEL

 

CONSOLFOOD 2016. Congreso Internacional sobre Avances no Procesamento Solar de Alimentos.

22 - 23 Xaneiro 2016. Faro (Portugal).

Instituto Superior de Engenharía da Universidade do Algarve. Especialistas de países de Europa, Asia, Africa e América.

Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais

 

Seminario de Bioconstruçao, Tecnoloxías Sustentábeis e Pirefolio do Padre Himalaya. “Módulo Bioclimático Experimental, un recurso didáctico para la bioclimática y la bioconstrucción en el CIFP Someso de A Coruña”

21 xaneiro 2016. Faro (Portugal).

Universidade do Algarve. Instituto Superior de Enxeñaría.

Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais

 

Programa Iacobus Formación Profesional

Setembro 2015. A Coruña.

Centro de Formação Profissional da Industria de construção Civil e Obras Públicas do Norte (CICCOPN)

Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais

 

Curso 2014-15

 

ENCONTRO SOLAR UDC 2015

27 maio 2015. A Coruña.

Profesores, alumnos e especialistas da Universidade da Coruña, Adega e o CIFP Someso compartimos unha apaixonante xornada de experimentación e divulgación cun remate gastronómico espectacular con cerca de 30 preparacións variadas incluíndo diversas sobremesas, para mais de 50 comensais.

Mais información aquí

 

Profesores de Finlandia visitan o Módulo Bioclimático “A Vieira” e participan dunha comida solar.

21- 23 de abril de 2015. A Coruña.

Centro de formación profesional Luksia. Lohja (Finlandia).

Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais

 

Xornadas sobre Cubertas Verdes

22-23 outubro 2014.

A Coruña

Xornadas Técnicas do Proxecto de Innovación: “Solucións enerxéticas e de climatización natural na bioconstrución”

Actividade formativa composta dun ciclo de conferencias , exposicións de materiais e visitas técnicas orientada a coñecer as vantaxes e as principais características técnicas de cubertas e tamén fachadas verdes e outras propostas de naturalización urbana.

Mais información aquí

Xorn Cubertas Verdes

 

Curso 2013-14 e anteriores

 

Encontro solar

Maio 2014

Exposición de fornos, cociñas e diversos aparellos para o aproveitamento da enerxía solar organizado pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.

Demostración gastronómica solar. 

O equipo de Someso participou con 30 fornos e cociñas solares, así como un conxunto de aparellos didácticos sobre enerxía solar.

Actividade definida no apartado: Actividades de divulgación da Enerxía Solar

 

 

XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN SOMESO 2011

  • IV Encontro do Programa Leonardo da Vinci "For Tomorrow"
  • X Xornadas de Bioconstrución e Enerxías Renovables
  • IV Xornadas de Bioconstrución para Profesores
  • I Encontro do Proxecto de Innovación en FP "Recursos Didácticos para la Construcción Bioclimática"

Programa das Xornadas de Bioconstrución Someso 2011 (Galego)

Programa de las "Xornadas de Bioconstrucción Someso 2011" (Español)

 

 

XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN SOMESO 2010

  • IX XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN E ENERXÍAS RENOVABLES
  • III XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN PARA PROFESORES

Programa das Xornadas de Bioconstrución Someso 2010 (Galego)

 

 
 Por problemas de descarga de estos archivos se recomienda utilizar Mozilla Firefox y tener actualizado el Acrobat reader a la última versión

 

 

 

VII XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN SOMESO

Novembro 2008

Programa das VII Xornadas de Bioconstrucción Someso 2008 (Español)

 

 

XIII día da Ciencia na Rúa 

O sábado 10 de maio de 2008 participamos na XIII edición do Día da Ciencia na Rúa, promovido polo Concello de A Coruña e organizado pola Casa das Ciencias.

Preme aquí se queres ver o proxecto que presentamos.

E aquí para o vídeo da reportaxe do noso stand emitido pola TVG 

           
           

 Preme sobre cada foto se a queres vela maior tamaño

 

 

VI XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN SOMESO

Novembro 2007

  • VI XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN E ENERXÍAS RENOVABLES
  • Encontro dos centros participantes no proxecto de agrupamento de centros "Propuestas para una construcción sostenible: Bioconstrucción"

Presentación resumo das VI Xornadas de Bioconstrucción Someso 2007 (Español)

Tríptico das VI Xornadas de Bioconstrucción Someso 2007 (Galego)

 

 

Durante os cursos 2006-07 e 2007-08 participamos nunha agrupación de centros promovida polo MEC, traballando sobre o tema: "Propostas para unha construción sostible: Bioconstrución" os seguintes centros:

IES Santa Lucía de vecindario, Gran Canaria.

IES Cristofól Ferrer de Barcelona

IES Carmen Conde de Madrid

IES La Merced de Valladolid

IES Politécnico Hermenegildo Lanz de Granada e

CIFP Someso de A Coruña  

Retorno á páxina principal do portal de Biocontrución Someso:

Logo Bioconstrucción Someso