Obxectivo da caixa de correo:
Recoller suxestións e queixas formuladas por sectores da comunidade educativa, profesional e empresarial relacionados co CIFP SOMESO sobre materias relacionadas co funcionamento do Centro e co fin de que conseguir mellorar e achegarnos ás inquietudes das persoas que utilicen este servizo de suxestións.
Que é unha suxestión, unha queixa ou unha incidencia:
Enténdese por SUXESTIÓN calquera proposta destinada a mellorar os servizos prestados polo CIFP SOMESO así como as instalacións, páxina web, etc
Enténdese por QUEIXA aquela que comunique deficiencias dun servizo e teñan por obxecto a corrección destas.
Enténdese por INCIDENCIA calquera situación que observases no Centro e que consideres que é necesario que a Dirección deste a coñeza ( acoso escolar, furtos, etc)
O envío dunha suxestión ou queixa anónima non xera o dereito a obter resposta a esta. Se se desexa obter unha resposta, deberase identificar o/a interesado/a e unha dirección de correo electrónico.
Consideramos que a xestión das suxestións e queixas é un sistema fundamental para potenciar a participación dos nosos estudantes, profesores, sectores produtivos e comunidade educativa converténdose nunha fonte de información que nos permite dispoñer de datos que faciliten a mellora da calidade das nosas actuacións.
Presentación e tramitación
Poderán formularse suxestións ou queixas a través das seguintes canles:
Páxina web: Cumprindo o formulario que se encontra máis baixo.
Caixa de correo de suxestións colocada no vestíbulo do Centro
O feito de non contestar á queixa ou suxestión non significa que o CIFP SOMESO e as persoas con responsabilidade neste asunto tomen as medidas oportunas para corrixir deficiencias, emendar erros e realizar melloras. Intentarase contestar ao interesado nun prazo de 20 días.
A túa opinión é moi importante para nós.
Grazas a todos/ás por axudarnos a mellorar