try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Departamento de relación con empresas

Comentarios

INFORMACIÓN PARA EMPRESAS. MÓDULO FCT.

Información e contacto co departamento de Relación con empresas do CIFP Someso a  través do telefono  881 880 001 ou no correo re@cifpsomeso.edu.es.

O módulo profesional de FCT é un bloque coherente de formación profesional que se desenvolve en empresas ou institucións en situacións reais de traballo. Este módulo ten carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos e desenvolverase procurando aplicar as competencias profesionais adquiridas no centros educativos, complementadas con aquelas previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo.

O módulo de FCT, ten as seguintes finalidades:

Completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título alcanzadas no centro educativo.

Adquirir unha identidade e unha madureza profesional motivadoras para a aprendizaxe ao longo da vida e para as adaptacións aos cambios das necesidades de cualificación.

Completar coñecementos relacionados coa produción, a comercialización, a xestión económica e os sistemas de relacións sociolaboráis das empresas, co fin de facilitar a inserción laboral.Avaliar os aspectos máis relevantes da profesionalidade alcanzada polo alumnado no centro educativo e acreditar os aspectos requiridos no emprego que non poidan verificarse por exixir situacións reais de traballo.

Desenrolo da FCT.

Consiste nunha estadía na empresa por parte dos nosos alumnos, sen que supoña unha vinculación laboral, tratase de estudantes en prácticas que non teñen carácter de traballadores.

Este módulo profesional  ven regulado pola Orde de 28 de febreiro de 2007, publicada no DOGA de 8 de marzo de 2007, da que extraemos como mais salientables os seguintes requisitos:

A duración do período de prácticas é de 320 horas para os Ciclos básicos, de 410 horas para os Ciclos Medios e de 384 horas para os Ciclos Superiores.

A xornada laboral non debe exceder das 8 horas diarias nin das 40 horas semanais.

En certos sectores pódense acordar horarios especias previa autorización por parte da Consellería de Educación.

O titor do centro educativo xunto co titor do centro de traballo farán o seguimento do desenrolo do modulo profesional.

A actividade do alumno na empresa axustarase o Plan Individualizado  establecido polo titor en colaboración ca empresa.

O alumno non recibira compensación económica algunha por parte da empresa pola realización da FCT.

Períodos de realización da  FCT.

Realizase o longo do curso en tres periodos.

  • Prazo ordinario de mediados de marzo a mediados de xuño.
  • Prazo extraordinario de mediados de setembro  a mediados de decembro.
  • Prazo extraordinario de xaneiro a  marzo.

Para ser empresa colaboradora.

A empresa ten que estar inscrita na listaxe de empresas colaboradoras da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

A inscrición é un sinxelo trámite que consiste en aportar os datos da empresa a través da folla de inscrición de nova empresa, que podes sollicitar en re@cifpsomeso.edu.es ou chamando o teléfono 881 880 001. 

Unha vez inscrita e para que o alumno poda realizar a FCT, suscribiráse un convenio entre as partes.

Da tramitación do convenio e do resto da documentación encargarase o centro educativo.

A Consellería de Educación cubrira posibles accidentes e ou incidentes a través dunha póliza de seguros.

Para solicitar alumnado en prácticas.

Pode solicitar alumnado en prácticas na direción re@cifpsomeso.edu.es ou ou chamando o teléfono 881 880 001.