try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es
Someso 6, 15008 A Coruña Tfno: 881880001

Explicando o proxecto Bioconstrución Someso á Raíña de España

 Explicando o proxecto Bioconstrución Someso á Raíña de España

4 Outubro 2016

Co motivo da inauguración oficial do curso de Formación profesional 2016-17 a nivel estatal por parte da Raíña de España no IES Plurilingüe San Rosendo en Mondoñedo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Subdirección Xeral de Formación Profesional organizou unha exposición con dez proxectos de innovación en FP desenvolvidos en Galicia.

r

A representación do proxecto Bioconstrución Someso recollía diferentes elementos en torno ao Módulo Bioclimático “A Vieira”, actuando este como aglutinador dos diversos recursos para a bioconstrución: construción con materiais naturais (madeira, palla, barro…) cubertas verdes e as numerosas vantaxes técnicas e ambientais, así como os fornos e cociñas solares empregados como ferramenta didáctica para o deseño bioclimático das edificacións, eficiencia enerxética, e aproveitamento da enerxía solar.

 

Acompañaban á Raíña Letizia o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o Ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo; o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González e outras autoridades políticas e educativas.

 

 

r

A comitiva dedicou cerca de dez minutos a coñecer os detalles do proxecto atendendo ás explicacións do profesor Juan Bello e os alumnos Juan Bautista García Villalba e Alberto Ortiz Abad do ciclo de edificación, dando mostras de recoñecemento polo traballo realizado.

Tal e como se lle expuxo á Raiña e aos representantes institucionais presentes, Bioconstrución Someso pretende ser un proxecto integrador de todas as especialidades profesionais, incorporando parámetros de saúde e ecoloxía aos diferentes ámbitos aplicando un sinxelo xogo de palabras: “de casas sas e ecolóxicas a cousas sas e ecolóxicas”. Os alí presentes recoñecían a necesidade de reorientar actitudes profesionais co obxectivo de frear o cambio climático, a maior ameaza sobre o planeta e os seres que o habitan.

Nese aspecto, cada quen ten que asumir a súa responsabilidade en cada momento. En función do que toque facer agora, sempre se pode mellorar a nosa actividade profesional (e tamén persoal) aplicando criterios de saúde e de ecoloxía. Onte é o pasado, non se pode cambiar, mañá é o futuro e está por chegar. Se cada un se pregunta o que pode facer aquí e agora en clave de bioconstruir a súa actividade profesional, seguro que atopa posibilidades de intervención. A capacidade de intervir doutros é a súa responsabilidade, pódeselles comentar, pódeselles aconsellar, pódeselles pedir e ata esixir, pero onde realmente se ten capacidade de intervir de xeito direto é nas responsabilidades propias, asumámolas!

As condicións de organización obrigaron a enviar un equipo moi reducido, pero detrás do proxecto Bioconstrución Someso están moitas persoas aportando o que está ao seu alcance en cada momento, tanto desde o propio centro como desde outras entidades, con localizacións moi diversas, mesmo noutros países.

exposición bioconstrucción

Os propios elementos da exposición son un reflexo desa colaboración de moitos profesores e alumnos traballando intensamente para dispor dunhas maquetas de traballo en construción con palla, cubertas verdes, fornos solares, etc. con compoñentes de construción, de madeira, de metal, con soldaduras, con parafusos… pintadas por compañeiros de automoción ou vernizadas por compañeiros de madeira, vexetadas co asesoramento de compañeiros doutro centro o con elementos complexos elaborados grazas á colaboración empresarial.

Ningún campo profesional debe considerarse alleo por mais que, en principio, non teñan unha relación directa cos materiais físicos mais facilmente asociables coa bioconstrución nun sentido estrito. Nas especialidades de imaxe persoal ou nas materias que se imparten en FOL, o feito de introducir conceptos de respecto pola saúde e o medio ambiente, como poden ser os cosméticos naturais, libres de tóxicos ou proxectos empresariais enfocados a resultados nesa liña, pódese recoñecer como un xeito de bioconstruír outras especialidades profesionais.

O mérito do proxecto non é de quen ten a oportunidade de presentalo, senón de todas e cada unha das persoas que o fan posible. Por elo, as felicitacións recibidas teñen que ser transmitidas a todas aquelas que, participando das máis diversas formas contribuíron a que Biconstrución Someso sexa considerado un referente a nivel nacional e en ocasións, internacional.

Xa que logo, se participaches nalgunha das actividades desenvolvidas ao longo da traxectoria de Bioconstrución Someso ou nas actividades previas que contribuíron a dar forma este proxecto, se incorporas ao teu quefacer profesional os parámetros de identidade da bioconstrución (saúde e ecoloxía) ou se desde a distancia contemplas este proxecto como inspirador para aplicar criterios semellantes na túa contorna, por moi discreto que sexa o teu perfil, o mérito tamén é teu. NORABOA!

 

Mais información:

Album fotográfico do evento VER AQUÍ

 
Vídeo sobre a visita da Raíña aos proxectos de innovación en Formación Profesional  Vídeo

 

Reportaxe de TVE sobre a inauguración do curso de Formación Profesional 2016-17 pola Raíña de España. A Reportaxe completa pódese ver entre os minutos 5:55 e 7:59. En concreto, a parte destinada aos proxectos de innovación encóntrase entre os minutos 7:24 e 7:44.

 

 Video TVE
 Web da Casa Real Galería fotográfica oficial VER AQUÍ
 

Prensa

La Opinión A Coruña VER AQUÍ

Galería Fotográfica de La Opinión A Coruña VER AQUÍ

 

Outras Referencias:

Web IES Plurilingüe San Rosendo VER AQUÍ

Web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria VER AQUÍ

   

 Retorno á páxina principal do portal de Biocontrución Someso:

Logo Bioconstrucción Someso