Skip to Content
         Instagram Facebook 

Axuda ao Profesorado

Búsqueda

 

Consulta a túa dúbida online

 

Preguntas Frecuentes

 

Manual uso "Educalidade"

Grupo Copo. O CIFP VPA visita o seu centro tecnolóxico.

Esta mañá visitamos as instalacións do Centro Tecnolóxico do Grupo Copo, de capital 100% galego e especializados no desenrolo e fabricación de produtos poliméricos alveolares para o sector da automoción.
Tivemos ocasión de coñecer os seus procesos de produción da man de Sergio Rodríguez (Director da Área de Espumas Auto) e Xenaro Piñeiro (Responsable de Recursos Humanos), aos que agradecemos a súa xentil invitación.

O CIFP VPA colabora na contratabilidade de todas as persoas.

Os conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinaron hoxe no Centro Integrado de FP Valentín Paz Andrade de Vigo un acordo para a coordinación das accións formativas (cursos AFD) para persoas desempregadas que se imparten en centros de FP.

“Ponte un sueño y, ¡haz que pase!”

Manuel Conde animou ao alumnado do CIFP VPA a perseguir os seus soños. Dentro das múltiples actividades de fomento do Emprendemento, o coñecido escritor, editor e divulgador; instou  nestas conferencias a que os futuros profesionais non lle poñan freo ás súas propias aspiracións, e que na superación e lóxico esforzo de pequenos retos, chégase a conseguir grandes obxectivos.

FINSA. ACF (actividade complementarias á formación)

 

 

Os alumnos e as alumnas do 1 curso CS de Deseño e amoblamento (da familia profesional de madeira moble e cortiza) estiveron de visita na fábrica de Finsa-Padrón para ver os procesos produtivos de taboleiro  DM, chapa e recubrimentos.

 

 

Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Pontareas

 

O CIFP Valentín Paz Andrade está dentro do amplo abano de opcións formativas de Ponteareas e a comarca, por iso estivemos presentes cun estandcon representación de 3 familias profesionais (Instalación e mantemento, Fabricación mecánica e Enerxía e auga) das 5 que están presentes no centro

 

 

Cursos AFD. (Accións Formativas para Desempregados/as)

 Oferta cursos conducentes a certificacións profesionais 2024:

 


ENAE0108 - Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas      (máis información: clik na imaxe)

AIMEN Centro Tecnolóxico.

Visita como actividade complementaria á formación para o alumnado de Fabricación mecánica

Alumnado de Bacharelato visita o CIFP VPA

O CIFP ábrese estas semanas a informar aos posibles futuros profesionais.

Distribuir contido


by Dr. Radut