Skip to Content
         Instagram Facebook 

Alumnado de Bacharelato visita o CIFP VPA

O CIFP ábrese estas semanas a informar aos posibles futuros profesionais.

Nesta ocasión recibimos 100 alumnos e alumnas do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo (11/01/23), que mostraron moito interese pola oferta formativa e a súa proxección laboral e tamén académica; e atenderon con curiosidade ás explicacións do profesorado das distintas familias profesionais do CIFP. Estas son Enerxía e auga (fotografía das instalacións externas), Instalacións e mantemento, Madeira e moble, Fabricación mecánica e Transportes e mantemento de vehículos.

Na 1ª imaxe o profesor de Enerxía e auga, José Antonio, explica as posibilidades prácticas que nos ofrece a cabina real (góndola) dun aeroxerador.

A visita polas instalacións durou dúas horas e non chegou aínda para poder apreciar algún equipamento como a combinación de robots antropomórficos e cartesianos traballando en conxunto coa inxectora de pezas poliméricas.

 

As seguintes imaxes mostran detalles de máis visitas realizadas por alumnados de centros da contorna ao CIFP VPA.

  • Taller de instalacións frigoríficas e de calor
  • Taller de motores de vehículos

 



nova | by Dr. Radut