Skip to Content
         Instagram Facebook 

Documentación do CIFP

O proxecto funcional de centro que terá unha duración de catro anos no que se establezan, polo menos, os seus obxectivos, o sistema organizativo, os procedementos de xestión e o proxecto formativo que incluirá, entre outros, o plan de acción titorial e as programacións didácticas dos módulos conducentes a títulos e certificados de profesionalidade ou outras ofertas formativas vinculadas ao Catálogo nacional das cualificacións profesionais.

O Plan Anual de Centro (PAC) é un instrumento que serve para prever, desenvolver e controlar as actividades que se derivan dos obxectivos preferentes que o centro establece para cada curso escolar.

Para favorecer que o centro sexa dixitalmente competente nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación, require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se recolle neste Plan Dixital do Centro como organización.

Estas normas de organización e funcionamento do CIFP Valentín Paz Andrade inclúen as normas de convivencia que garanten o cumprimento do plan de convivencia.

Este plan de convivencia é o documento no que se articula a convivencia escolar, que garante unha educación no exercicio dos dereitos e das liberdades dentro dos principios democráticos de convivencia, así como na prevención de conflitos e na súa resolución pacífica.

A guía do alumnado contén información referida aos aspectos máis destacados da acción formativa no seu conxunto e aos datos de carácter práctico relativos á forma na que se van a levar a cabo os aspectos xerais do proceso formativo

O Plan de Acción Titorial (PAT) é o instrumento que emprega o Departamento de Información e Orientación Profesional (DIOP) para establecer as tarefas e as funcións propias das titorías xa que é o órgano responsable da organización e funcionamento da acción titorial no centro.

O Plan é a elaboración dun conxunto de normas que regulan a materia en garantizar o dereito a vida e a integridade física dos membros da comunidade educativa.

Un plan de evacuación é aquel que engloba todo un conxunto de accións necesarias para estar preparados ante unha emerxencia. Neste plan de evacuación establécese cando, onde, quen, como e que debe facerse ante unha situación de emerxencia en función da gravidade e os compoñentes da mesma.

O Plan de igualdade (ou plan coeducativo) é un documento programático a través do cal os centros educativos poden recoller as medidas de acción positiva para abordar a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para sensibilizar, previr e intervir fronte á violencia machista, que inclúe a violencia de xénero e a LGBTIfobia. O CIFP VPA fomenta activamente a presenza igualitaria da muller nos ciclos formativos da súa oferta (ver vídeos)

O plan de atención á diversidade consiste nun conxunto de medidas, estratexias, metodoloxías, actividades e recursos que os mestres e especialistas dun centro educativo empregan para garantir o óptimo rendemento, aprendizaxe e desenvolvemento dos alumnos e alumnas.

O Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) posúe como obxectivo fundamental impulsar e apoiar a posta en marcha nos centros educativos dun proxecto global para a mellora da competencia en comunicación lingüística no que participe o profesorado das distintas áreas e materias.



page | by Dr. Radut