Skip to Content
         Instagram Facebook 

Conferencia: "decrecemento, colapso e sustentabilidade"

Na charla realizada o xoves 15 de decembro abordáronse os límites medioambientais e os recursos do planeta en relación aos niveis produtivos e de consumo.

Carlos Taibo: é escritor, editor e profesor de Ciencia Política e da Administración. Autor en galego e español de máis de trinta libros, maiormente sobre as transicións na Europa Central e Oriental nos últimos 50 anos.

Actividade sobre igualdade

Durante esta semana do 25 de novembro, realizáronse catro actividades sobre igualdade e de sensibilización contra a violencia de xénero. 

Visita ao Centro de Experimentación e Seguridad Vial de Mapfre.

Alumnado dos ciclos de básica, medio e superior, da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, realizaron unha visita ao centro de I+D de Mapfre, en Ávila.

Magosto 2022

Este venres 11 de novembro, día de San Martiño, o profesorado e alumnado do CIFP Valentín Paz Andrade compartimos uns momentos nos que desfrutamos dunhas boas castañas, fortalecendo a convivencia e a dinamización da lingua galega na comunidade do centro.

Doazón dunha caseta de madeira, alimentos e material para “Os biosbardos”

O 4 de novembro, rematamos no centro a recompilación de alimentos e material para, xunto coa caseta de madeira realizada polo alumnado do CM de Carpintaría e moble, entregarllo todo ao persoal da protectora de animais de Ponteareas “Os biosbardos”.

Mobilidade de alumnado da República Checa (outubro de 2022)

Dende un instituto de FP e Secundaria de Třemošnice (República Checa) viñeron ao CIFP Valentín Paz Andrade tres alumnos checos da Familia Profesional de Madeira e unha profesora, para facer prácticas nos nosos talleres do centro educativo. Tivo lugar dentro dunha mobilidade de curta estancia (2 semanas).


 

EDUGAL. Oferta de educación e formación de Galicia

O Valentín Paz Andrade volve a estar presente neste evento para dar a coñecer a alumnado doutros centros e familias, a oferta formativa. Mostramos exemplos do equipamento tecnolóxico actualizado do que dispoñemos para ofrecer unha formación eficaz.

Presentación de libros escritos polo profesorado do centro

O mércores día 26 de outubro, Silvia e Sergio (profesores de FOL e de Automoción respectivamente) presentaron sendos libros da súa autoría. Agradecemos a cesión á biblioteca do centro (Nautilus) para desfrutar da súa lectura.

Presenza en Metal Madrid

Grazas a actividade derivada do proxecto de innovación “Soldadura robotizada desde la visión artificial, simulación y Realidad Aumentada hasta la producción industrial real” SELECCIONADO polo MEC, estivemos presentes en Metal Madrid, coa colaboración do Centro con Seabe

Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) do CIFP Valentín Paz Andrade 2022-23

AVISO IMPORTANTE: antes deste venres debemos responder ao correo recibido 7/10/22 para participar nalgunha actividade formativa encadrada no Plan de Formación Permante para o profesorado do centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut