Skip to Content
         Instagram Facebook 

Visita ao Centro de Experimentación e Seguridad Vial de Mapfre.

Alumnado dos ciclos de básica, medio e superior, da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, realizaron unha visita ao centro de I+D de Mapfre, en Ávila. Este contacto supuxo un interesante aporte de formación complementaria para este alumnado, ao coñecer de preto a actividade que se realiza neste laboratorio de innovación e centro tecnolóxico de referencia global para o deseño, aseguramento, uso, mantemento, reparación e recilaxe de vehículos.

A viaxe aproveitouse para realizar outras actividades culturais e de fomento de convivencia, como unha visita a Salamanca.



nova | by Dr. Radut