Xuño 2019

Radio UNCAS #3 Fin de Curso 2018 - 2019

Último programa da Radio UNCAS deste curso 2018-2019. Programa especial onde as nenas e nenos de 5º B repasan a actualidade deste ano, con colaboracións das nenas e nenos de 2º, e de Luis e Jorge e 4º. Coma sempre novas interesantes, receitas, chistes, recomendacións de lecturas, músicas, experimentos, curiosidades, ciencias, consellos e unha entrevista moi especial a o noso director Alfonso. Para o ano que ven moito máis. Bo verán e escoitámonos nas ondas da Radio UNCASSSSSS!!!!

 Para escoitar o programa pincha aquí!!!

COÑECEMOS LENDAS DE DIFERENTES PAÍSES!

 

Como xa sabedes, o tema escollido para traballar este ano no cole foi 

PAÍSES E CULTURAS.

 Por este motivo, dende a biblioteca, quixemos que os nenos/as coñecesen lendas e contos típicos do país que lle tocou traballar. Así,  puideron disfrutar das diferentes lecturas.

 

 

 

    

LECTURAS EN PARELLA!

 

 

O día 23, Día do Libro, e 24 durante os momentos lectores

fixemos Lecturas Compartidas. Por parellas, maiores e pequenos

disfrutaron do pracer de ler.

 

 

ABRIL, MES DO LIBRO!

 

Dende a biblioteca poténciase a lectura durante todo o ano pero en Abril faise un especial fincapé neste tema ó ser

O Mes do Libro.

 Unha das actividades que realizamos durante este mes foi “Recoméndoche…”. Tanto os nenos/as como os pais do cole podían proponer libros para que outros lectores disfrutasen deles.

A ler!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer