Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por terceirociclo
17/04/20

Moi boas a todos,

A próxima semana a adicaremos a cubrir as nosas seccións da revista. Como xa dixemos son varias as seccións a cubrir en 5º, así que algunhas as dividimos en grupos para que non teñades que redactar todos tódalos artigos, parécevos? Estas son as seccións:

1. PATIO INCLUSIVO: ISABEL, JULIA, IZAN, ANTÍA, ADRI FERREIRA

Faremos unha redacción explicando un pouco en que consiste, porque se fixo, descripción de como é, e o podemos rematar cun debuxo e unha opinion persoal 

Cada un que faga a súa redacción e a profe Luz encargarase de xuntar todas ou coller o mellorciño de cada casa para a publicación.

2. AUTORA (CHUS PEREIRO): XIÁN, DANIELA, CARLA, SANTI, AINOA.

Falaremos da vida da autora, e en relación ao libro, resumo e opinión persoal (se nos gustou ou non, que parte foi a mellor, se o recomendaríamos...) e un debuxo ou manudalidade sobre algo do libro ou unha personaxe.

Cada un que complete todas as partes que xa seleccionarei as mellores partes de cada un para a publicación.

3. DÍA DE ROSALÍA: PAULA, ADRI RODRIGUEZ, CARLOS, EMMA E ISABELA

Como xa explicamos este ano adicouse aos errantes na actualidade. Así que, ademais de saber un pouco da vida de Rosalía e porque se lle adica ese día, especificaremos que sabemos dos errantes e faremos unha comparación dos errantes do pasado e da actualidade.  

No caso de Isabela (que non estivo ese día) pode contarnos en primeira persoa como é a súa experiencia en relación á emigración.

4. XUBILACIÓN DE PILAR: TODOS

Neste caso tócanos a todos traballar un pouquiño, e cando digo todos é TODOS, familias incluídas!!!

Seremos periodistas por un día.

Imos entrevistar ás mamás e papás da casa, seguro que moitos foron alumnos de Pilar e poden contar moitas cousas. Este é o momento de preguntar o que sempre quixeches saber... como era mamá ou papá na escola, anécdotas, trastadas (que seguro as hai)

O primeiro que ten que ter moi claro un bo periodista é o cuestionario. Pensade nas preguntas, cantas máis, mellor. Mandádemas a correxir ou preguntádeme se non se vos ocorren...

Cando teñades as preguntas claras e escritas nun folio, procedede a entrevistar ás familias. Se non foron alumnos de Pilar, seguro que poden aportarnos algunha opinión ou palabras de agradecemento.

Se tendes fotos antigas tamén estarían xenial!

Podemos rematar o artigo con frases de agradecemento para ela por parte tamén de vós.

Ánimo

Unha aperta enorme para a minifamilia de 16 e para as súas familias!!!!

Ángela

Etiquetas:
Por terceirociclo
15/04/20

Ola a tod@s!!! Como estades? Espero que pasarades unha feliz aínda que diferente Semana Santa todos. Aquí vos deixo o libro de Mamasiña, que medo! en formato pdf para que o rematedes de ler, xa que nos quedaramos pola metade antes de este estado de alarma. Os encargados de cubrir a sección da autora, podedes apoiarvos no libro para ilustracións, debuxos...Unha aperta enorme para a miña pequena familia de 16!Ángela

Etiquetas:
Por Anónimo
15/04/20

Bo día queridísima audiencia de Radio Saltamontes!

Como acabamos de pasar esta Semana Santa un tanto peculiar e temos algo de morriña das nosas festas tradicionais, esta semana traémosvos un programa emitido o 20 de febreiro polas nosas locutoras e locutores máis noveles, o alumnado de 1º curso!

Esperamos que vos guste tanto como a nós e desexamos que pronto poidamos celebrar de novo coa vosa compaña!

 

 
Boa escoita!
Etiquetas:
Por terceirociclo
13/04/20

Ola a tod@s, que tal esta semana de descanso? Cómo van eses ánimos?

Esta semana propoñemos un proxecto diferente, non é unha viaxe a un lugar como tal, é unha viaxe pola vosa imaxinación.

Como xa sabedes no blog da biblioteca do cole hai varias recomendacións de libros que podedes ler online. (https://www.edu.xunta.gal/centros/cepcarloscasares/blogdabiblioteca)

Como unha das rutinas propostas tanto para os nenos e nenas de quinto como de sexto é adicarlle 20-30 minutos ao día a lectura, seguro que lichedes moitos libros nas últimas semanas. Así que este proxecto está baseado nun libro de lectura.

Agardamos que disfrutedes moito.

Unha aperta, Ángela e Naiara

 

Etiquetas:
Por terceirociclo
30/03/20

Ola!! Como van eses ánimos? 

Xa empezan a chegar os poemas!!! Seguide enviando e os compartimos.

 

                                  Cibrán                                                                      Xián 

    

 

                      Javi                                                               Mario

  

 

                        Iria

 

 

VEÑAA!! QUE XA QUEDA MENOS!! APERTAS NENIÑ@S Beso

Etiquetas: