Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por primeirociclo
22/10/20

 

O día 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas a nivel mundial. Neste ano, queremos recordar a figura de Quino, que faleceu recentemente, o 30 de setembro, aos 88 anos.  Joaquín Salvador  Lavado Tejón, coñecido como Quino naceu en Arxentina, sendo  fillo de españois (Málaga). Quino foi humorista gráfico (debuxante) e historista. A súa obra máis coñecida é a tira cómica Mafalda publicada entre 1964 e 1973. As aventuras de Mafalda seguiron reeditándose en diarios e revistas percorrendo o mundo e as distintas xeracións.  Quino deixounos grandes frases postas en boca dunha nena que non tiña pelos na lingua. Coñecedes a Mafalda?

 

       

O personaxe de Mafalda foi creado por Quino para unha campaña de publicidade de electrodomésticos, que non se chegou a publicar.  A través desta personaxe Quino expresou as súas reflexións sobre a vida, os poderosos e a liberdade. Mafalda é unha nena cercana, que se preocupa pola pola política mundial e ten un amigo, Manolito, que está obsesionado co diñeiro. 

Mafalda, xunto cos seus inseparables compañeiros (un globo terráqueo co que mantén curiosos diálogos e un transistor, no que escoita aos Beatles), servíronlle a Quino para mostrarnos como vía el o mundo e como pensaba que debería ser en realidade ese mundo.

Aquí vos deixamos algunas das historietas :

   

 

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE E DESPOIS NOS LIBROS PODEDES  LER  OS LIBROS COMPLETOS DE MAFALDA:

Etiquetas:
Por terceirociclo
19/06/20



Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas. 

Espero que o disfrutedes!

 

 
 
Despois de este ano escolar tan raro, quero desexarvos, máis que nunca, que o pasedes xenial nas vosas vacacións que ben o merecedes! Estades feitos uns campións e campionas!
 
 
Felices Vacacións!!!!
 
 
 
Mándovos unha aperta moooi graandeee!
 
 
Etiquetas:
Por terceirociclo
19/06/20



Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas. 

Espero que o disfrutedes!

 

 
 
Despois de este ano escolar tan raro, quero desexarvos, máis que nunca, que o pasedes xenial nas vosas vacacións que ben o merecedes! Estades feitos uns campións e campionas!
 
 
Felices Vacacións!!!!
 
 
 
Mándovos unha aperta moooi graandeee!
 
 
Etiquetas:
Por fabrito
10/06/20

Bo día a tod@s!!!!

Imos dar por rematado este curso cunha boísima noticia...

JAVIER conseguíu un dos premios do VII concurso de fotografía matemática, convocado polo IES de Salvaterra.

 

PARABÉNS JAVIER!!!

Para o resto, tamén moitas felicidades porque todas as fotos enviadas eran merecedoras dun premio, pero non hai para tod@s...

Toda a clase de 6º estamos de noraboa!! Cando un/ha compañeir@ consegue algún recoñecemento, premio, alcanzar unha meta e/ou superar un atranco, tod@s nos sentimos beneficiad@s!!!

Que bo xeito de poñerlle o broche final a este curso difícil, atípico, incompleto, cheo de atrancos, ....

Sintome moi orgullosa de tervos dado clases de matemáticas este curso, aínda que non fora do xeito que a min me houbera gustado.

Se conseguín que vos decatarades de que as matemáticas son imprescindibles para a vida, son divertidas e se vos gustan un pouquiño máis... OBXECTIVO ACADADO!!!

MOITÍSIMA SORTE NO VINDEIRO CURSO, Calquera dúbida que teñades, estarei dispoñible para botarvos unha man no que precisedes. SEGUIREI SENDO A VOSA MESTRA DE MATES Vergoña

MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO, TRABALLO COLABORACIÓN E SUPERACIÓN!!!

Mestra Paqui

PD. Outra das cousas que nos quedaron pendentes foi a olimpíada das mestras... Quen gañaría??? RisaCansoGuiño

 

Etiquetas:
Por terceirociclo
17/05/20
OS NENOS E AS NENAS DE 6º TEMOS UNHA SORPRESA PARA VÓS.
FIXEMOS ESTE VÍDEO COA AXUDA DAS MESTRAS NAIARA E NEREA PARA DESEXARVOS UN FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS
 
 
(Gustaríanos destacar que Gema optou por saír cunha galiña porque ela e a súa irmá leron o libro "Pitas baixo a choiva" que narra unha anécdota deste autor)
 
Por outra banda, como o vídeo ocupa moito tarda en cargar e igual non se vos reproduce directamente dende o blog, mentres non solucionamos este atranco, podedes descargalo e reproducilo no ordenador ou móbil.
 
FELIZ DÍA A TOD@S
Etiquetas: