Quinto

Sexto

JAVIER, O GAÑADOR DO VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA!!!

Bo día a tod@s!!!!

Imos dar por rematado este curso cunha boísima noticia...

JAVIER conseguíu un dos premios do VII concurso de fotografía matemática, convocado polo IES de Salvaterra.

 

PARABÉNS JAVIER!!!

Para o resto, tamén moitas felicidades porque todas as fotos enviadas eran merecedoras dun premio, pero non hai para tod@s...

Toda a clase de 6º estamos de noraboa!! Cando un/ha compañeir@ consegue algún recoñecemento, premio, alcanzar unha meta e/ou superar un atranco, tod@s nos sentimos beneficiad@s!!!

Que bo xeito de poñerlle o broche final a este curso difícil, atípico, incompleto, cheo de atrancos, ....

Sintome moi orgullosa de tervos dado clases de matemáticas este curso, aínda que non fora do xeito que a min me houbera gustado.

Se conseguín que vos decatarades de que as matemáticas son imprescindibles para a vida, son divertidas e se vos gustan un pouquiño máis... OBXECTIVO ACADADO!!!

MOITÍSIMA SORTE NO VINDEIRO CURSO, Calquera dúbida que teñades, estarei dispoñible para botarvos unha man no que precisedes. SEGUIREI SENDO A VOSA MESTRA DE MATES Vergoña

MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO, TRABALLO COLABORACIÓN E SUPERACIÓN!!!

Mestra Paqui

PD. Outra das cousas que nos quedaron pendentes foi a olimpíada das mestras... Quen gañaría??? RisaCansoGuiño