O proxecto Alxén polo mundo é un proxecto pensado para os alumnos de 5º e 6º de EP coa finalidade de aprender, xogar, utilizar as novas tecnoloxías das que dispomos, crear, coñecer e visitar outros lugares interesantes virtualmente, pero sobre todo, intentar sobre levar esta etapa tan complicada que nos tocou vivir, tanto alumnos como docentes e familias.
Con este proxecto tamén pensamos en facilitarvos ás familias o achegamento de tarefas, xa que consideramos que a diario pode chegar a ser estresante estar ao pediente de conseguir as tarefas, envialas e recibilas correxidas.
Somos conscientes que están a ser momentos duros para todos e non sabemos canto durará, polo que canto máis fácil vos poñamos as ferramentas máis doado será pasar este illamento.
Neste proxecto, cada semana viaxaremos a un lugar, onde pediremos unha serie de actividades que englobarán a maior parte das materias. Polo que as actividades que propoñenos no pdf adxunto deberán realizarse ao longo de toda esta semana.
Para levar a cabo ditas actividades, utilizade os recursos que dispoñades na casa, non vos preocupedes se algo non o podedes facer por non dispor de material (botarlle moita imaxinación, seguro que algo argallades…) Pero, sobre todo, disfrutade moito facéndoo, que vos axunden familiares, xa que o que pretendemos é entretervos aprendendo!
Pedimosvos na medida do posible que enviedes todas as actividades xuntas nun mesmo email para que a corrección sexa máis doada para nós (3.ciclo.carlos.casares@gmail.com) Lembrade que non é necesario imprimir o documento. Poñede no asunto a que mestra vai dirixido e o voso nome.
Unha aperta fortísima para todos os alumnos de 5º e 6º e para todas as familias.