Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Liña 3 (JUAN B. ANDRADE)

Información da liña 3 "Juan B. Andrade"

 

BAREMO DAS SOLICITUDES DE TRANSPORTE ESCOLAR LIÑAS 3 E 4

Dado que existen máis solicitudes que prazas na liña 3 do CEIP Xunqueira 2, estase a proceder ao seu baremo, baseándonos na Instrucción 1/2020 da Secraría Xeral Técnica da Consellería sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso 2020-2021.

Para a súa información, a orde de prelación é a seguinte:

-          USUARIOS LEXÍTIMOS: Aqueles cuxo domicilio se atopa a máis de 2 km do centro escolar. Teñen dereito a praza sempre e cando fagan uso continuado do mesmo.

-          USUARIOS EXCEPCIONAIS: Aqueles cuxo domicilio se atopa entre 1 e 2 Km de distancia ao centro escolar. Este servizo é EN PRECARIO, sempre que existan prazas vacantes, e non conleva dereito no futuro.

Criterios:

  1. Distancia do domicilio ao centro
  2. Ter irmáns/irmás no centro
  3. Discapacidade
  4. Menores en idade

NON SE CONTEMPLA ESTE DEREITO PARA DISTANCIAS MENORES DE 1 Km AO CENTRO.

En breve daremos a coñecer o resultado do baremo das solicitudes.

Moitas grazas.

Distribuir contido


Imaxe aleatoria

Listaxe definitiva admitidos e non admitidos fondo libros

by Dr. Radut