Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Biblioteca

VISITA DE RAQUEL QUEIZAS

O xoves visitounos a contacontos Raquel Queizas.Trouxonos unhas historias azuis moi especiais creadas por ela mesma e en colaboración coa Asocoación de nenos e nenas con diabetes de Galicia,Anedia, co obxetivo de integrar a diabetes nas escolas.

A través deste espectáculo intentase dar a coñecer a diabetes dunha  forma lúdica e educativa para poder enfrentarse todos xuntos a unha doenza cada vez máis habitual.Os rapaces participaron da actividade concienciandose da problemática.

 

Graciñas Raquel

Historias azuis con Raquel Queizás

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> VISITA DE RAQUEL QUEIZAS

OS MAGOS DA XUNQUEIRA 2

Os magos da Xunqueira 2" e o nome do proxecto que fixeron os rapaces do colexio para participar no Salón do Libro.

Este ano cumple 25 anos de vida, 25 anos de actividades fomentando a lectura e a creación literaria.Un salón que este ano quixo dedicarllo a Maxia e así os nosos rapaces fixeron unha baralla de cartas cargada de trucos de maxia,de nenos xigantes e rapaces diminutos, de andar polas nubes a pasar polo deserto.....así son os nosos nenos de Magos e feiticeiros.

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> OS MAGOS DA XUNQUEIRA 2

VISITA DE ORBIL,A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO

O salón do libro a piques de comezar e Orbil sacou un tempiño da súa apretada axenda para visitarnos e darnos a grazas por participar no Salón do libro.

Este ano a temática escollida é a maxia e así de máxico apareceu polas clases Orbil, as cariñas de sorpresas dos nenos houbo que mortalizalas nas fotos que lles sacamos.Os máis cativos hasta tiveron tempo para facerlle uns debuxiños cheos de amor.

Grazas Orbil,volve cando queiras.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> VISITA DE ORBIL AO COLEXIO

RESOLVENDO ENIGMAS NA BIBLIO

Esta semana Fervelliño propúxolle aos rapaces a actividade de resolver uns misterios baseandose no libro de Victor Escandell,"Enigmas de misterio".

Foron pequenos detectives que utilizaron a súa lóxica, a creatividade e o inxenio para resolver misterios moi díficiles.En parellas en grupo ou de forma individual xogaron a ser detectives.O que non lles gustaba moito  era que  tiñan que agardar ao remate do recreo para saber as repostas.

A actividade foi tan satisfactoria que temos que prolongala unha semana máis.

Moi ben rapaces!!! 

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Resolvendo enigmas na biblio

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

O venres 23 de febreiro homenaxeamos a Rosalía intercambiando flores e poemas entre os rapaces. Nas diferentes tutorías elaboraron unhas rosas preciosísimas cuns versos da homenaxeada no seu interior.

Os rapaces marcharon para as súas casas acompañados das verbas de Rosalía.

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Celebrando o día de Rosalía

CLUBS DE LECTURA

Aquí temos aos rapaces de 6º nos clubs de lectura,disfrutando da lectura de tres libros clásicos da literatura galega e castelá.Por un lado temos; o libro de Agustín Fernández  Paz "Contos por palabras", o de Roald Dahl "Matilda" e o de Gianni Rodari "Juego de palabras".

Nos encontros que tivemos, aparte de falar dos libros, decidiron poñerse un nome aos seus clubs e facer un marcapáxinas,e así temos a 6ºA co nome de "Devoradores de libros" e a 6ºB  co nome de "Os piratas dos libros".

As charlas sobre os libros foron moi amenas e dulces xa que tiñamos uns chocolates para endulzar as nosas aportacións.

Seguirémosvos informando.

Álbum: Sen categoría -> Clubs de lectura

Bibliopatio

 Rapaces,temos outro recuncho para disfrutar da lectura.

No patio cuberto os profes de EF,Iago e Marcos, fixéronnos unha biliocasiña, onde podemos coller libros e disfrutar deles mentras estamos no patio.

Moitas grazas profes!!!!

Screenshot_20231216_193413.jpg

Álbum: CURSO 2023/2024 -> Bibliopatio

A biblio ten moita vida

Nos tempos de lecer a biblo enchese de cativos lendo,fedellando no curruncho dos xogos ou buscando información nos portátiles para os seus traballos.

É un momento de disfrúte.

Álbum: CURSO 2023/2024 -> A nosa biblio ten vidilla

25 N

No centro gritamos... NON máis violencia e SÍ máis  palabras de amor mediante as historias dos libros da biblioteca e das diferentes actividades.Palabras chave: Biblioteca

Álbum: CURSO 2023/2024 -> 25 N

SEMANA DA CIENCIA

Esta semana os rapaces de 6º foron uns científicos de premio Nobel.Foron polas clases ensinando e explicando que a ciencia non é maxia, todo ten a súa explicación

Moitas grazas rapaces. 

 

Álbum: CURSO 2023/2024 -> EXPERIMENTOS NA SEMANA DA CIENCIA
Distribuir contido


Imaxe aleatoria

Maios

by Dr. Radut